A Xunta financia obras de mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas por valor de 670.000 euros en Sanxenxo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou o Hotel del Mar e destacou a importancia de apoiar ao sector con obras que diminúen o seu consumo enerxético e a súa pegada de carbono
  • Na área territorial de Pontevedra a Xunta inviste máis de 1,2 millóns de euros para este fin en 15 empresas
  • Agustín Reguera aproveitou a visita para anunciar a posta en marcha dunha nova campaña do Bono Turístico a partir do mes de Xuño e que se poderá utilizar de setembro a decembro deste ano

Sanxenxo (Pontevedra), 29 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Hotel del Mar, no concello de Sanxenxo, que recibiu unha achega de 150.000 euros como parte das subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia.

A empresa utilizou a axuda para mellorar o illamento das fachadas e da cuberta e instalar unha iluminación LED de baixo consumo que lles permitirá disminuir significativamente o gasto enerxético.

Acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o delegado territorial sinalou a importancia deste tipo de axudas que permiten a moitas empresas "aforrar no seu gasto enerxético, á vez que diminúen a súa pegada de carbono".

Trátase, segundo explicou Reguera, de unhas axudas que, máis alá de apoiar aos empresarios galegos, permiten mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos desta comunidade.

Cabe destacar que no concello de Sanxenxo un total de cinco empresas se beneficiaron desta liña de axudas, que suman máis de 670.000 euros. Na área territorial de Pontevedra, as empresas beneficiadas son 15 e recibiron un investimento da Xunta de máis de 1,2 millóns de euros.

O delegado territorial aproveitou a visita para anunciar a volta da campaña do Bono Turismo que arranca a finais deste mes de xuño, tanto para as empresas que queiran adherirse como para os usuarios que queiran descargalo e beneficiarse das súas vantaxes.

A partir deste mes de xuño calquera galego poderá descargar un máximo de dous bonos de 150 euros cada un, que poderá utilizar dende o 10 de setembro, ao 25 de decembro. A Xunta porá a disposición dos usuarios máis de 16.000 bonos. Un investimento total de un millón de euros, co que espera mobilizar ata dous millóns de euros.

Este ano haberá unha novidade, xa que o usuario terá que adiantar unha parte do bono. Isto é, dos 150 euros, o usuario terá que adiantar 90 euros e os 60 euros restantes serán asumidos pola Xunta. Esta é unha forma de evitar que moitos bonos se queden ser usar, pero non afecta ao desconto, que seguirá sendo do 40 % en estabelecementos turísticos e axencias de viaxes que teñan un centro de traballo en Galicia.

Reguera rematou a visita destacando o éxito que ten demostrado esta campaña á hora de "desestacionalizar e descentralizar o turismo en Galicia". Dende que se puxo en marcha, despois da pandemia do Covid, o Bono Turismo mobilizou ata 14 millóns de euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229445 {"title":"A Xunta financia obras de mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas por valor de 670.000 euros en Sanxenxo","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/1SANXENXO.jpeg","id":"229445"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229445-xunta-financia-obras-mellora-da-eficiencia-enerxetica-empresas-turisticas-valor-670-000-euros-sanxenxo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.