O Ministerio de Universidades volve cambiar as regras do xogo do seu plan de contratación de profesores impoñendo máis gastos ás comunidades autónomas

Imagen del artículo O Ministerio de Universidades volve cambiar as regras do xogo do seu plan de contratación de profesores impoñendo máis gastos ás comunidades autónomas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Universidades da Xunta participa na Comisión Delegada de Política Universitaria, onde se presentou o novo acordo, que non foi negociado
  • Increméntase a porcentaxe que deben asumir as comunidades autónomas durante seis anos e diminúe a que lle corresponde ao Ministerio
  • Ademais, o Goberno central só se compromete a aboar as prazas que lle corresponden durante catro meses, deixando no aire como se sufragarán ata 2030
  • Imponse que as convocatorias deberán estar resoltas no primeiro trimestre do ano que vén, cando ata o momento podían distribuírse en catro anos

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou esta mañá na Comisión Delegada de Política Universitaria, na que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades anunciou un novo cambio das regras de xogo no seu plan de contratación de profesorado.

En concreto, o Goberno central volveu modificar as porcentaxes que debe asumir cada parte á hora de financiar a contratación destes profesores, incrementando a correspondente ás comunidades autónomas, que deberán asumila durante seis anos, e diminuíndo a que vai asumir o Ministerio que, ademais, só se compromete formalmente á financiación das prazas que lle corresponden durante catro meses. Do mesmo xeito, imponse que as convocatorias deberán estar resoltas no primeiro trimestre do ano que vén, cando ata o momento podían distribuírse en catro anos.

O representante da Xunta de Galicia lamentou este novo xiro do Goberno central "cando as administracións autonómicas nos adheríramos xa ao acordo anterior, tamén imposto, e o abordáramos coas nosas universidades". "O Goberno central volve incrementar tanto a porcentaxe do que teñen que pagar as autonomías como o número de prazas, máis de 500 máis en toda España, e volve facelo sen negocialo ca parte prexudicada", explicou.

"A Xunta tiña acordado previamente coas universidades galegas que vai asumir a parte que lle corresponda para facer posible a contratación deste profesorado, pero o trato do Ministerio é unha falta de respecto institucional", dixo o secretario xeral. "Ademais, a forma en que o fan parece querer contaxiar ás universidades e ás administracións autonómicas do caos normativo que caracteriza ao Goberno central", explicou.

166 prazas en Galicia

No mes de abril impúxose ás comunidades autónomas un acordo no que o Ministerio financiaba o 66% das prazas durante seis anos e as administracións autonómicas o restante 33%. Porén, agora o Ministerio comprométese só á financiación do 60% das prazas que haberá que convocar e só durante catro meses, deixando no aire como se vai proceder ao pagamento desa porcentaxe ata 2030. Porén obriga ás comunidades a asinar un acordo no que as compromete a asumir o 40% das prazas ata 2030.

 

En termos prácticos, co acordo anterior a Galicia correspondíalle financiar a contratación de 50 profesores universitarios ata 2030. Co actual, esta cifra ascende a 66 docentes. Pola súa banda, o Ministerio comprométese a asumir a contratación de 101 profesores durante catro meses, só unha máis da que financiaba antes. A partir do 2025 non concreta en que porcentaxe asumirá ese gasto, se o fará, nin con cargo a que fondos.

A maiores, antes dábase a opción de que as universidades convocaran as prazas en diferentes convocatorias ao longo de catro anos, para o que incluso se chegou a modificar un artigo da nova Lei Orgánica do Sistema Universitario.  Sen embargo, o novo acordo impón que todas se publiquen antes de fin de 2024 e estean resoltas no primeiro trimestre de 2025. Isto supón un aceleramento nos prazos e unha presión engadida para as universidades.

Cómpre lembrar que este plan é xa un agravio ás universidades galegas, cuxos cadros de persoal están entre os máis estabilizados do Estado e que se vén menos beneficiadas por este acordo ca outras que non foron quen de manter unha boa política laboral interna.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229440 {"title":"O Ministerio de Universidades volve cambiar as regras do xogo do seu plan de contratación de profesores impoñendo máis gastos ás comunidades autónomas","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150707\/20240529ComisionDelegadaPoliticaUniversitaria1.jpeg","id":"229440"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229440-ministerio-universidades-volve-cambiar-as-regras-do-xogo-do-seu-plan-contratacion-profesores-imponendo-mais-gastos-as-comunidades-autonomas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.