O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta demandará ao goberno de España medidas extraordinarias para paliar o déficit de médicos de atención primaria no verán

  • O máximo responsable do Servizo Galego de Saúde salienta que o Goberno galego está facendo o seu traballo de planificación estival con medidas xa ensaiadas e de nova creación para evitar estrés asistencial por falta de profesionais
  • Reclama que o Goberno de España se poña á fronte das solucións a un problema común a todas as autonomías, agravado este verán pola planificación dos MIR por parte do Ministerio
  • O conselleiro destaca o compromiso da Xunta coa sanidade pública do Condado-Paradanta, plasmado na creación dunha unidade de saúde mental e no compromiso de construción dun novo centro de saúde de Ponteareas co dimensionamento axeitado

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe que a Xunta lle demandará ao Goberno, no vindeiro Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, medidas extraordinarias que permitan paliar a falta de médicos de atención primaria e, deste xeito, se poida garantir a asistencia sanitaria á poboación no verán.

Así o manifestou no Pleno do Parlamento de Galicia, onde respondeu a unha pregunta parlamentaria sobre a asistencia sanitaria en Ponteareas e na comarca do Condado-Paradanta.

O titular da carteira sanitaria lembrou a situación actual, compartida por todas as comunidades autónomas, de déficit de profesionais de determinadas especialidades de atención primaria. Nese marco, salientou que, grazas ás medidas adoptadas pola Xunta para a incorporación de novos profesionais sanitarios ao sistema e á procura da mellor  organización dos recursos humanos dispoñibles, a asistencia sanitaria está garantida para toda a poboación en Ponteareas e en toda a comarca de Condado-Paradanta.

O conselleiro detallou que a poboación desa comarca conta con asistencia sanitaria asegurada pola mañá e polas tardes, de forma que se priorizan as urxencias e atendendo no menor tempo posible ao conxunto dos pacientes.

No caso de Ponteareas, o conselleiro detallou que, tendo en conta as vacantes e as situacións de incapacidade temporal, que non se poden cubrir pola falta de médicos, a asistencia está garantida cun total de dez médicos. Con estes recursos, as consultas están organizadas de xeito que se poida asegurar a asistencia máis ampla e eficaz, tendo en conta que está ademais reforzada con dous médicos e dous profesionais de enfermería da dotación do PAC de Ponteareas.

En consecuencia, remarcou Gómez Caamaño, nun contexto xeneralizado de falta de médicos suficientes para cubrir as prazas existentes, a Xunta procura a organización máis eficiente dos recursos para garantir a asistencia sanitaria en Ponteareas e no Condado-Paradanta.

O conselleiro destacou o compromiso da Xunta coa mellora da sanidade pública de Ponteareas, como o demostra a recente posta en marcha dunha unidade de saúde mental ou a sinatura dun convenio para impulsar un novo centro de saúde dimensionado de forma axeitada.

O titular da carteira sanitaria puxo en valor que a Xunta aumentou o investimento en Sanidade así como as contratacións de profesionais para mellorar a asistencia, ademais de poñer todos os medios ao seu alcance para conseguir incrementar o cadro de persoal de médicos de atención primaria dispoñibles.

Fronte a isto, indicou que o Goberno de España leva seis anos ignorando as demandas das autonomías para modificar o sistema de acreditación de prazas MIR e o de elección de especialidades ou a ampliación da idade máxima de xubilación ata os 72 anos.

Tendo en conta que a falta de médicos é un  problema común a todas as comunidades que se verá agravado este verán  pola planificación das formación dos MIR, o conselleiro demandou que o Goberno de España se poña á fronte e achegue solucións.

Na súa intervención, o conselleiro dixo que a Xunta está a facer os seus deberes e nas vindeiras semanas completará a súa planificación estival con medidas xa ensaiadas e outras de nova creación, para garantir unha asistencia de calidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229006 {"title":"O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta demandará ao goberno de España medidas extraordinarias para paliar o déficit de médicos de atención primaria no verán","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"229006"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229006-conselleiro-sanidade-avanza-xunta-demandara-ao-goberno-espana-medidas-extraordinarias-paliar-deficit-medicos-atencion-primaria-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.