A Xunta presenta as fichas técnicas para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover o uso sostible do territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A nova documentación informativa compila dun xeito sinxelo as fichas relativas ás servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, incorporando todas as novidades aprobadas na última década
  • A conselleira destaca que as fichas nacen do convenio de colaboración entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o COAG en resposta a unha demanda do sector para facilitar o traballo diario e reforzar a seguridade xurídica e técnica na súa tarefa profesional
  • O material presentado está dirixido fundamentalmente a arquitectos, enxeñeiros, aparelladores e demais profesionais do ámbito urbanístico e contribúe á ordenación de criterios entre as distintas institucións con competencias

Santiago, 29 de maio de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, María Martínez Allegue, presentou hoxe as novas fichas técnicas de servidumes para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover un uso sostible do territorio.

Este documento é froito da colaboración entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) a través dun convenio e, trala súa recente aprobación no Consello da Xunta, foron dadas a coñecer aos profesionais do ámbito de ordenación do territorio nun acto celebrado na sede colexial na praza da Quintana en Santiago, no que ademais de Martínez Allegue, participaron o presidente do COAG, Luciano Alfaya e a directora da APLU, Victoria Núñez.

Esta nova ferramenta compila nun documento informativo único as fichas relativas a servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, que inclúen todas as novidades normativas aprobadas na última década no eido urbanístico.

Como destacou a conselleira, o documento naceu da propia demanda do sector "á que quixemos dar resposta" e supón "un instrumento fundamental para a mellora do traballo dos profesionais e tamén na defensa e promoción dun uso sostible do territorio".

As fichas para consulta técnica están dirixidas a arquitectos, aparelladores, enxeñeiros e demais profesionais do ámbito. "Esta ferramenta foi deseñada precisamente para abordar esa necesidade, compilando e organizando a lexislación relevante nun documento accesible, que vos proporcionará unha base sólida para desenvolver o voso traballo con plena seguridade xurídica" -destacou Martínez Allegue-.

Lembrou que "nun entorno legal en constante cambio, manterse actualizado con todas as normativas pode ser un desafío. Iso quixemos abordar a través desta ferramenta novidosa e facilitadora". As fichas concentran toda a normativa dunha maneira sinxela e visual e, deste xeito, contribúen á coordinación de criterios entre as distintas institucións.  "Servirán de base diaria do voso traballo e permitirán reforzar a seguridade técnica e xurídica na vosa tarefa profesional -explicou Martínez Allegue-. E cremos que dun xeito máis amplo, axudamos con ferramentas como esta a desenvolver un urbanismo responsable".

A conselleira puxo en valor a colaboración da Xunta co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, "entidade coa que mantemos a máxima vontade de cooperación e seguimos a avanzar con proxectos conxuntos como este".

Pola súa parte, Luciano Alfaya agradeceu á conselleira e á directora da APLU que decidisen apostar pola sede do COAG, que este ano celebra o seu 50 aniversario, para acoller este acto, "un exemplo da colaboración fluída e constante que queremos manter ca administración autonómica". Destacou que as fichas facilitarán o traballo dos profesionais relacionados co urbanismo e a arquitectura, e redundarán nun beneficio para o conxunto da sociedade galega. "Son un instrumento de consulta completo e áxil, pensado para facilitar o traballo de planificación e axilizar o feito construtivo" -indicou-.

Tamén o decano sinalou a aposta do Goberno galego coa creación da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que permitirá colaboracións futuras co Colexio, como por exemplo, o Proxecto Terra do que se agarda presentar en breve a súa nova etapa.

Trala presentación, celebrouse unha xornada dirixida a técnicos na que interviñeron a subdirectora xeral da APLU, Olalla Flores; o arquitecto da Área Técnica do COAG, Alberto Escobar; e o arquitecto colexiado, Federico García Gil, responsable da redacción das fichas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229000 {"title":"A Xunta presenta as fichas técnicas para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover o uso sostible do territorio","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150707\/image1.jpeg","id":"229000"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229000-xunta-presenta-as-fichas-tecnicas-facilitar-traballo-dos-axentes-urbanisticos-e-promover-uso-sostible-do-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.