Martina Aneiros destaca a implicación de Nervión Naval Offshore no impulso da FP dual en Ferrolterra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Actualmente completan a súa formación académica un total de 44 alumnos de sete programas formativo de FP Dual da zona
  • Aneiros pon en valor esta modalidade formativa que permite capacitar ao alumnado segundo ás demandas do mercado laboral

As Somozas (A Coruña), 29 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director xeral de Nervión Naval Offshore, Roberto Bouzas e do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, visitou esta mañá a planta que  empresa ten no municipio onde actualmente completan a súa formación académica 44 alumnos de sete programas de FP Dual de catro centros de Ferrolterra.

Durante a visita, na que tamén estiveron presentes a directora de planta de Nervión As Somozas, Almudena Tojeiro, e a directora do departamento de Persoas de Nervión Naval Offshore, Lisa Castedo, Aneiros tivo a oportunidade de coñecer a evolución da planta, dedicada á produción de compoñentes de eólica mariña, así como a integración dos ciclos de FP Dual postos en marcha este curso pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP en virtude dun convenio de colaboración coa empresa.

A delegada territorial agradeceu a implicación da firma pertencente ao Grupo Amper e a súa colaboración co Goberno galego para seguir impulsado a FP Dual como modelo referencial. Un modelo do que destacou "está avalado por unha taxa de empregabilidade de case o 100% e que dá a oportunidade aos alumnos ingresar no mercado de traballo e ás empresas contar con man de obra cualificada".

Aneiros puxo en valor esta modalidade formativa que permite capacitar ao alumnado segundo ás necesidades do mercado laboral "con perfís diversos adecuados á demanda integral de profesionais que van desde a loxística ata a soldadura ou a mecatrónica", sinalou.

Dos 44 alumnos que se están a formar na planta de Nervión Naval Offshore e cos que a delegada territorial tivo a ocasión de intercambiar impresións acerca desta experiencia formativa e da súa estadía na empresa, 24 proceden do CIFP Ferroltera -20 do ciclo medio de Soldadura e caldeiraría, 2 do ciclo superior de Mecatrónica industrial e outros 2 do ciclo superior de Deseño e fabricación mecánica-, 4 do CIFP Rodolfo Ucha -2 do ciclo superior de Transporte e loxística e outros 2 do de Administración e finanzas-; 2 do ciclo de Mecatrónica industrial do IES Fene, e os 14 restantes do ciclo medio de Soldadura e caldeiraría do IES Plurilingüe Castro da Uz, en As Pontes.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228999 {"title":"Martina Aneiros destaca a implicación de Nervión Naval Offshore no impulso da FP dual en Ferrolterra","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/VisitaNervion.jpg","id":"228999"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228999-martina-aneiros-destaca-implicacion-nervion-naval-offshore-impulso-da-fp-dual-ferrolterra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.