A Xunta e a Real Academia Galega ofrecerán charlas didácticas para favorecer o uso de 'Galicia Nomeada'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A aplicación comezou a funcionar no ano 2019 para recoller nomes de lugares, leiras, montes ou regos que corren risco de perderse
  • Desde a súa posta en marcha, a iniciativa conta con máis de 35.000 usuarios e máis de 76.000 topónimos rexistrados
  • Valentín García refírese á toponimia como "unha das grandes riquezas do idioma galego" e pon en valor o traballo da Xunta pola súa recuperación

A Coruña, 29 de maio de 2024

O secretario da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación de Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, a campaña da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para divulgar a importancia de salvagardar o patrimonio inmaterial que atesoura a toponimia galega. Trátase dunha iniciativa que inclúe a aplicación Galicia Nomeada, na que os colaboradores poden achegar nomes de lugares, montes, leiras, fontes, camiños, regos, devesas e outros microtopónimos dos que teñan constancia.

No acto, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, referiuse a toponimia como "unha das grandes riquezas" da lingua galega e puxo en valor o traballo do Goberno galego pola súa recuperación. Neste sentido, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que este proxecto é un "referente" na colaboración entre as administracións públicas e a cidadanía para salvagardar o patrimonio inmaterial toponímico.

Por outro lado, Valentín García sinalou o importante labor feito a través da plataforma Galicia Nomeada, que cualificou de "moi innovadora" e cuxa posta en marcha "valeu de modelo para outras Comunidades". Así, tal e como explicou, desde a súa posta en marcha, a ferramenta conta xa con máis de 3.500 usuarios rexistrados e recibiu información de máis de 76.000 nomes de lugares, leiras, montes, penedos ou cortiñas de máis de 300 concellos.

No acto celebrado hoxe na Coruña, tamén participaron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o filólogo Vicente Feijoo, quen tamén se encarga de impartir as charlas nos concellos.

Nesta edición, a campaña Toponimízate efectuará 12 charlas que comezarán o vindeiro mes de xuño e prolongaranse ata novembro, para que a veciñanza aprenda a empregar a aplicación Galicia Nomeada. Os concellos seleccionados nesta ocasión foron Camariñas, Tordoia, Boiro, Abadín, Antas de Ulla, Láncara, Cualedro, Vilar de Santos, A Arnoia, Salceda de Caselas, Barro e A Illa de Arousa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228936 {"title":"A Xunta e a Real Academia Galega ofrecerán charlas didácticas para favorecer o uso de 'Galicia Nomeada'","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/20240529_valentin_toponimizate_003.jpg","id":"228936"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228936-xunta-e-real-academia-galega-ofreceran-charlas-didacticas-favorecer-uso-galicia-nomeada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.