A Xunta adxudica o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo

  • O novo contrato foi adxudicado á UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024 e entrará en vigor o 1 de xuño
  • A duración do contrato será polo prazo necesario para licitar un novo contrato por procedemento aberto
  • A Xunta garante así a continuidade deste servizo sanitario esencial, tras a comunicación da actual empresa da imposibilidade de continuar coa súa prestación

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

A Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, vén de adxudicar o servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo á empresa UTE Emergencias Sanitarias-Saluser 2024. O novo contrato fixa a entrada en vigor para a prestación do servizo o 1 de xuño.

O proceso de adxudicación, que se tramitou polo procedemento de emerxencia, será polo prazo necesario para que a Consellería de Sanidade, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, licite un novo contrato por procedemento aberto  e establece unha duración estimada do contrato de seis meses, coa posibilidade de prórroga por un máximo doutros tres.

Servizo esencial para a poboación

Deste xeito, a Xunta garante a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo, que comprende os concellos de Vigo, Cangas do Morrazo e Moaña, un servizo esencial para a poboación que debe seguir prestándose, logo da comunicación da actual empresa da imposibilidade de continuar coas súa prestación.

O importe da adxudicación ascende a 2.901.947 euros, IVE exento. Está prevista a posible prórroga, por un período de tres meses, cun importe de 1.380.169,82 euros.

Coa adxudicación deste servizo, a Consellería de Sanidade trata de axilizar a contratación deste servizo esencial coa maior brevidade, para seguir a cumprir co seu compromiso coa eficacia, a eficiencia e a calidade desta actividade sanitaria asistencial para a poboación.

Deste xeito, a Consellería de Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, garante a continuidade e a calidade da prestación do servizo de transporte sanitario urxente nos concellos de Vigo, Cangas e Moaña e segue a prestar a mellor asistencia ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias no punto en que se atope o paciente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228933 {"title":"A Xunta adxudica o servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"228933"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228933-xunta-adxudica-servizo-transporte-sanitario-urxente-na-area-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.