Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos técnicos municipais as condicións para renovar o firme e calmar o tráfico na estrada AC-414 en Xoane e Cances

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada mantivo un encontro co rexedor para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños

Carballo (A Coruña), 28 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para analizar os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio e para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños.

No encontro abordaron a situación na que se atopa a actuación de renovación integral do firme e calmado de tráfico na AC-414 ao seu paso polas poboacións de Xoane e Cances, que se suspenderon para dar tempo a clarexar as cuestións planteadas polos veciños da zona. Belén do Campo trasladoulle o compromiso da Xunta de para acadar unha solución a algún problema particular que poida relacionarse con algunha pendente ou acceso a algunha das vivendas. Neste senso, solicitou  a colaboración do rexedor, para que, a través dos seus técnicos, fagan chegar as propostas dos veciños para ser avaliadas e, no caso de ser tecnicamente posibles, se executarían no momento en que se retomen as obras.

A delegada tamén aclarou que executar estar actuación, que supera os 700.000€ é fundamental para garantir a seguridade viaria porque inclúe a reposición do firme de toda a estrada, incluídos os aparcamentos, a sinalización horizontal, pasos de peóns elevados e sinalización para limitar a velocidade aos camións pesados.

Belén do Campo explicou que desde hai máis dunha semana o Goberno galego púxose a disposición do alcalde de Carballo para aclarar calquera dúbida sobre a intervención e mentres, dado que esta obra de reforzo de firme é máis ampla que esta actuación na AC-414, continuarase noutros tramos, ata que o Concello traslade as solucións propostas para solucionar cuestións concretas que expoñen algúns particulares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228929 {"title":"Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos técnicos municipais as condicións para renovar o firme e calmar o tráfico na estrada AC-414 en Xoane e Cances","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/1.JPG","id":"228929"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228929-belen-do-campo-traslada-ao-alcalde-carballo-seu-compromiso-traballar-cos-tecnicos-municipais-as-condicions-renovar-firme-e-calmar-trafico-na-estrada-ac-414-xoane-e-cances https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.