A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo

  • A actuación conta cun investimento de preto de 220.000 € e permitirá darlle máis visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda
  • Trátase de executar as obras necesarias para actuar no cruce en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104
  • A Xunta prevé convocar as expropiacións no segundo semestre deste ano, co obxectivo de licitar e executar as obras no 2025

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección do quilométrico 31+540 da estrada PO-255, no concello de Covelo, que suporá un investimento de case 220.000€.

Trátase de actuar na intersección en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104, co obxectivo de dar maior visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda, reforzando a seguridade viaria.

O DOG publica o acordo do Consello da Xunta polo que se aprobaron o trámite de información pública e o proxecto definitivo de trazado para este itinerario. Esta información pode ampliarse a partir deste enlace ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240529/AnuncioG0181-220524-0002_gl.html

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no 2º semestre de 2024, para licitar e executar as obras no vindeiro ano. A actuación ten un prazo de execución da 4 meses.

En concreto, entre as actuación deseñadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta para a mellora da intersección entre a vía autonómica e a provincial está a ampliación da plataforma da PO-255 nesta contorna.

No punto quilométrico 0+050 da PO-255 prevese habilitar unha "bágoa" que permita o cambio de sentido aos vehículos que veñen de ambas as estradas en sentido decrecente.

Na intervención proxectada inclúese, ademais, a execución dun carril de espera entre os puntos quilométricos 0+080 e 0+095, que dá acceso a un ramal directo de nova execución cara á EP-5104. No espazo morto executarase un illote.

O único movemento non contemplado no proxecto de trazado, tampouco permitido na actualidade, é o cambio de sentido na PO-255, en sentido de avance.

Nesta intervención tamén se inclúe o reforzo do firme dun treito da PO-255.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa mellorando a rede viaria autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sostible.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228702 {"title":"A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"228702"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228702-xunta-publica-hoxe-dog-aprobacion-do-proxecto-trazado-mellora-da-seguridade-viaria-na-interseccion-da-estrada-autonomica-po-255-covelo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.