O Colexio CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo estreará no vindeiro curso unha aula destinada aos Polos Creativos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, comproba o avance dos traballos da súa instalación

Sanxenxo (Pontevedra), 28 de maio de 2024

O Colexio CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo estreará unha aula destinada aos Polos Creativos no curso 2024/25. Así o confirmou hoxe o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, nunha visita ao centro para coñecer os avances desta actuación.

Tras o acondicionamento deste espazo, nos próximos días instalarase o equipamento dos Polos Creativos, co obxectivo de que ao longo do mes de xuño se poñan en funcionamento e, deste xeito, se poidan empregar a pleno rendemento o vindeiro curso. "Con esta nova instalación seguimos traballando en avanzar cara un modelo de infraestruturas educativas máis innovadoras para, así, consolidar Galicia como referente a nivel estatal na incorporación de tecnoloxías no noso sistema educativo público", sinalou o representante da Consellería de Educación.

A obra consistiu no acondicionamento do espazo, coa instalación de estantes, cambio de xanelas, renovación do piso e a eliminación de tabiques, entre outras accións. Esta actuación adáptase ás características do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para modernizar os centros dando resposta ás necesidades do século XXI.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226366 {"title":"O Colexio CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo estreará no vindeiro curso unha aula destinada aos Polos Creativos","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/_G8A0728.jpg","id":"226366"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226366-colexio-ceip-noalla-telleiro-sanxenxo-estreara-vindeiro-curso-unha-aula-destinada-aos-polos-creativos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.