A Xunta financiará a posta en valor das construcións do Castro da Cividá

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou en Cerdedo-Cotobade 30.000 euros
  • O ano pasado estas mesmas axudas permitiron acondicionar o albergue de Cerdedo-Cotobade e mellorar a seguridade da vía Mariana
  • Estas axudas deixarán un total de 270.000 euros en nove concellos da provincia de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 28 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o albergue de Cerdedo-Cotobade que foi acondicionado grazas a unha axuda da Xunta no pasado 2023. Alí aproveitou para informar das accións de posta en valor das construcións do Castro da Cividá que se levarán a cabo grazas á convocatoria deste ano da mesma axuda.

Trátase da subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas na que Turismo de Galicia inviste este ano preto de dous millóns de euros en toda Galicia e que beneficiarán a un total de 66 concellos, nove deles na provincia de Pontevedra cun investimento total de preto de 270.000 euros.

O delegado territorial tivo a oportunidade de comprobar as melloras realizadas grazas á axuda de 30.000 euros recibida o pasado 2023 e que permitiu, ademais de optimizar as condicións do albergue,  mellorar a seguridade da vía Mariana, un recurso moi importante para o desenvolvemento turístico da zona, segundo confirmou o propio alcalde, Jorge Cubela.

Este ano o concello de Cerdedo-Cotobade contará cunha nova axuda de 30.000 euros coa que espera potenciar o aproveitamento turístico do Castro da Cividá. Neste sentido, Agustín Reguera mostrou a súa satisfacción con a decisión de poñer en valor un espazo que "supón un auténtico tesouro para todos os veciños e veciñas deste concello e que debe ser un reclamo para todos os visitantes".

O delegado territorial rematou a visita destacando a necesidade de "seguir traballando da man dos concellos, apoiando iniciativas que nos permitan ter un turismo máis descentralizado e desestacionalizado, á vez que melloramos e acondicionamos espazos de referencia para a veciñanza".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226360 {"title":"A Xunta financiará a posta en valor das construcións do Castro da Cividá","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150704\/1CERDEDOCOTOBADE.jpeg","id":"226360"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226360-xunta-financiara-posta-valor-das-construcions-do-castro-da-civida https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.