Xosé Merelles salienta a aposta da Xunta de Galicia polos grandes festivais como 'O Son do Camiño' polo seu crecente impacto turístico

  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación da quinta edición que arrancará o xoves en Santiago de Compostela e se celebra ata o sábado
  • Recorda que o Goberno autonómico, principal patrocinador institucional da cita, leva confiando neste festival desde os inicios e refírese aos máis de 8 M€ que a Xunta destina a estas citas polo seu efecto tractor no sector

Santiago de Compostela (A Coruña), 28 de maio de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival O Son do Camiño, xunto cos representantes das empresas promotoras Kin Martínez e Iván Mendez e Ramón de Meer, marketing manager de Estrella Galicia, onde salientou a aposta constata da Xunta de Galicia pola industria musicai e os grandes festivais polo seu crecente impacto turístico.

Xosé Merelles salientou a "alianza estratéxica" que teñen en Galicia o sector musical e o turismo, exemplificado en O Son do Camiño do que resaltou a "capacidade de evolución e de crecemento" deste "pioneiro festival", que, como recordou, a Xunta de Galicia leva apoiando desde os seus inicios "e é xa un festival consolidado". "Forma parte da nosa aposta por contar cunha oferta capaz de demostrar a capacidade económica do turismo", destacou. Neste sentido, salientou o papel de O Son do Camiño para que "Galicia se estea consolidando como sede de grandes espectáculos e repercute directamente en hoteis, restaurantes, pero tamén en transporte e distintos servizos".

O director de Turismo de Galicia referiuse ao crecemento do impacto turístico que está a ter a industria musical na Comunidade galega, citando para iso os resultados feitos públicos este ano por un estudo impulsando pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a Universidade de Santiago (USC) co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de Agadic na que a cifra do impacto global é de máis de 227M€ e 3.250 empregos.

Impacto no sector

"Mención especial merece o efecto tractor que festivais como este e os que se foron sucedendo nos últimos anos en Galicia dentro da industria musical están a ter sobre o turismo. A asistencia a estes eventos impulsa unha demanda relevante en distintos servizos de aloxamento, transporte... un consumo adicional que xera un incremento da produción de máis de 60 M€, como se indica no informe", engadiu. Xosé Merelles salientou a aposta da Xunta por seguir apoiando os festivais e espectáculos musicais e contar tamén coa boa resposta do público. Como recordou, os concertos e festivais apoiados pola Xunta de Galicia contaron con case 2 millóns de participantes nos últimos dous anos e este ano destínanse máis de 8M€ nas grandes citas.

Valorou a calidade nacional e internacional dos artistas da edición deste ano que, unha vez máis "permitirán a difusión da imaxe de Galicia a través do Camiño de Santiago" e o interese que suscita é claro. Como recordou, un ano máis esgotáronse os abonos en só unhas horas. Contarase con artistas como Green Day, Pet Shop Boys, Thirty Seconds to Mars, Tom Odell, J Balvin, Arde Bogotá, Fernadocosta, The Interrupters, Mattn, Hot Milk, Berto, Ana Mena, Carlos Ares, entre outros, que se poden consultar en www.osondocamino.es.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226359 {"title":"Xosé Merelles salienta a aposta da Xunta de Galicia polos grandes festivais como 'O Son do Camiño' polo seu crecente impacto turístico","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"226359"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226359-xose-merelles-salienta-aposta-da-xunta-galicia-polos-grandes-festivais-como-son-do-camino-polo-seu-crecente-impacto-turistico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.