Medio Rural reforza a súa colaboración coa asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia a prol do fomento destas razas

Imagen del artículo Medio Rural reforza a súa colaboración coa asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia a prol do fomento destas razas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira do Medio Rural reuniuse con responsables deste colectivo
  • Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, avaliouse ademais o servizo de matadoiro móbil, que foi precisamente solicitado por esta asociación, entre outros axentes do sector

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse con responsables da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica). A xuntanza serviu para ampliar e reforzar a colaboración en materia de ordenación e fomento destas razas.

Ademais, a titular da Consellería puxo en valor o servizo do matadoiro móbil, concibido especialmente para facilitar o sacrificio naquelas explotacións de ovino, cabrún e porcino localizadas en zonas de montaña e, en xeral, nas situadas lonxe dos matadoiros convencionais. A posta en marcha deste servizo respondeu, precisamente, a unha demanda do sector interesado e en particular de Ovica.

Neste sentido, a conselleira destacou que o matadoiro contribúe a mellorar a rendibilidade das explotacións, mediante a redución dos seus custos, ao tempo que melloran tamén as condicións de benestar animal. Por iso, este servizo está sendo moi ben valorado polos usuarios, que destacan por unha banda a enorme facilidade para solicitar e recibir a prestación, a carón da propia explotación, e por outra parte o gran aforro en custos de desprazamento, a mellora no benestar dos animais e a gran calidade das canais obtidas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226357 {"title":"Medio Rural reforza a súa colaboración coa asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia a prol do fomento destas razas","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/240528_ConseMR_reunion+ovica.jpg","id":"226357"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226357-medio-rural-reforza-sua-colaboracion-coa-asociacion-criadores-ovino-e-caprino-galicia-prol-do-fomento-destas-razas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.