A Xunta colabora co regreso da Selección Galega de Fútbol este venres en Balaídos fronte a Panamá

Imagen del artículo A Xunta colabora co regreso da Selección Galega de Fútbol este venres en Balaídos fronte a Panamá

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego promoverá o uso da lingua nesta cita con accións complementarias e a actuación de Tanxugueiras, que interpretarán o himno 

Vigo, 27 de maio de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do partido de fútbol que desputará a Selección Galega fronte a Panamá o vindeiro venres, 31 de maio, ás 20,00 horas en Balaídos. Durante o acto deuse a coñecer a colaboración da Xunta coa cita deportiva que abrangue, entre outras accións, actividades complementarias relacionadas coa promoción do uso do galego.

Entres estas accións por parte do Goberno galego atópase a impresión de 24.000 cartolinas coa letra do himno de Galicia, ademais do apoio á actuación de Tanxugueiras, encargadas de interpretar o cántico. A isto súmase unha exposición fotográfica no exterior do estadio que, baixo o título Imaxes para o recordo, fai un repaso do último partido xogado polo combinado galego hai oito anos, ademais do patrocinio nas camisetas oficiais de xogo. 

No acto, celebrado esta mañá na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo, Valentín García estivo acompañado polo vicepresidente da entidade, Fernando Iglesias; pola creadora do cartel, a pintora María José Pulido; e polo humorista José Antonio Touriñán.

A volta do combinado galego

O partido fronte a Panamá supón a volta da selección galega ao terreo de xogo despois de oito anos sen competir. 

O combinado estará dirixido neste encontro amigable polo técnico vigués Diego Martínez, ex adestrador do Granada e Espanyol, e que foi presentado de forma oficial o pasado 26 de abril. Substitúe así a Michel Salgado, o encargado de capitanear ao equipo no seu último partido, desputado en Riazor o 20 de maio de 2016.

O enfrontamento será restransmitido en directo pola Televisión de Galicia e poderá verse tamén no país centroamericano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224828 {"title":"A Xunta colabora co regreso da Selección Galega de Fútbol este venres en Balaídos fronte a Panamá","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150701\/PartidoSeleccion_presentacion.jpg","id":"224828"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224828-xunta-colabora-co-regreso-da-seleccion-galega-futbol-venres-balaidos-fronte-panama https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.