A Xunta solicita ao Concello de Lugo colaboración para os proxectos de creación de vivenda pública no municipio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A permuta de parcelas ou a rehabilitación da Tinería centraron unha reunión mantida hoxe entre representantes e técnicos de ambas Administracións
Lugo, 27 de maio de 2024
A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo abordaron hoxe nunha reunión asuntos relativos aos proxectos de construción e rehabilitación de vivendas de promoción pública do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na cidade que precisan da colaboración ou tramitación da Administración Local.
A xuntanza celebrouse, nun clima de cordialidade, a instancias do Goberno galego e a tal fin desprazáronse á Casa do Concello o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, que se reuniron coa alcaldesa, Paula Alvarellos, así como con técnicos de ambas institucións, entre outros.
Entre os temas que trataron figura a permuta de parcelas para poder executar a promoción de vivendas que estaba prevista no barrio do Castiñeiro, cun orzamento de 7,8 millóns de euros. A Xunta propuxo hai máis dun ano intercambiar este espazo por outro solar municipal que reúna as condicións necesarias para edificar.
Ambas administracións acordaron volver a reunirse para avanzar en temas pendentes coma a rehabilitación de inmobles e outros espazos coma o pazo de Dona Urraca.