Guntín acollerá o 22 de xuño a cuarta edición do 'All Star Futbolin Lugo' coa colaboración da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da xornada, que reunirá a máis de 500 espectadores e a 70 xogadores e xogadoras no campo do Ladairo

Lugo, 27 de maio de 2024

O municipio de Guntín acollerá o sábado 22 de xuño a cuarta edición do All Star Futbolinlugo, que conta coa colaboración da Xunta. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación desta xornada que segundo a organización estase a consolidar como a mellor festa de desenlace da tempada de fútbol.

Así, agárdase que máis de 500 espectadores desfruten no campo do Ladairo dos partidos que disputarán uns 70 xogadores e xogadoras que destacan entre os mellores da provincia.

O programa contará cos habituais partidos, concursos, xogos abertos ao público que queira participar, unha homenaxe aos futbolistas que se retiran nesta campaña e varias novidades, como unha actuación musical e unha FanZone.

Arias felicitou aos promotores pola evolución deste evento que vai rotando por distintos concellos da provincia e subliñou a súa repercusión positiva nos municipios nos que se desenvolve e o seu papel na promoción do deporte e do ocio saudable.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224824 {"title":"Guntín acollerá o 22 de xuño a cuarta edición do 'All Star Futbolin Lugo' coa colaboración da Xunta","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150701\/270524+Presentaci%C3%B3n+All+Stars+Guntin+1.jfif","id":"224824"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224824-guntin-acollera-22-xuno-cuarta-edicion-do-all-star-futbolin-lugo-coa-colaboracion-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.