A Xunta demandará ao Ministerio de Facenda axilidade na devolución do IVE pendente a persoal gandeiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira do Medio Rural reuniuse estes días con representantes de Unións Agrarias e da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), cos que tratou esta cuestión, así como outros temas de interese para o sector  
  • Estas reunións enmárcanse nos encontros con axentes do sector que está mantendo a titular da Consellería para reforzar as vías de colaboración 

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse con representantes de Unións Agrarias e da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), con quen tratou temas de interese común. Entre eles, a devolución do IVE pendente aos gandeiros e gandeiras que deriva especificamente da compra de pensos, enerxía, reparacións, combustibles ou investimentos, cuxa axilidade demandará a propia Xunta de Galicia ante o Ministerio de Facenda vía misiva.

Cómpre ter en conta que este trámite, que nalgún caso está pendente incluso desde 2022, é de vital importancia para garantir a viabilidade económica de moitas explotacións, sobre todo daquelas que realizaron un importante esforzo ao acollerse a plans de mellora ou outras iniciativas de modernización. Deste xeito, Medio Rural urxirá ao Ministerio a devolver non só o IVE de 2023, senón tamén aquel doutras anualidades, cos conseguintes intereses.

Esta demanda é compartida tanto por ASAGA como por Unións Agrarias, tal e como lle manifestaron á conselleira, en cadansúa reunión, o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello; así como o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, que estivo acompañado doutros membros da entidade.

A titular do Medio Rural manifestou o seu compromiso de reforzar as vías de colaboración con ambas organizacións naqueles asuntos que son de importancia para o campo galego, baixo o obxectivo último de defender sempre os intereses dos profesionais dos diferentes ámbitos produtivos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224821 {"title":"A Xunta demandará ao Ministerio de Facenda axilidade na devolución do IVE pendente a persoal gandeiro","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150701\/240527_ConseMR_reunion+asaga.JPG","id":"224821"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224821-xunta-demandara-ao-ministerio-facenda-axilidade-na-devolucion-do-ive-pendente-persoal-gandeiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.