Rueda destaca a importancia de que Galicia non quede ao marxe das novas oportunidades empresariais que xorden grazas a gran transformación que está a vivir a industria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Resalta que a comunidade ofrece un marco político, administrativo e legal estable que da garantías e certezas aos empresarios
  • Salienta que a Xunta aposta por atraer novos investimentos con incentivos fiscais, facilidades para acceder ao solo industrial ou cun plan para reducir a burocracia e os prazos dos trámites para poñer en marcha un proxecto

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde que o tecido empresarial da comunidade practica un galeguismo de feitos, compromisos e realidade que axuda a construír a Galicia do presente e do futuro.

Durante o acto de entrega do XI Premio da Excelencia Empresarial -que outorga o Club Financeiro de Santiago-, o titular do Goberno galego recoñeceu que Galicia conta con numerosas empresas excelentes en diferentes eidos, pero lembrou que a aposta da Xunta é seguir atraendo novos investimentos á comunidade.

Rueda salientou que Galicia ofrece un marco político, administrativo e legal estable e que ofrece garantías e certezas aos potenciais investidores. Nesta liña, destacou algunhas das medidas que ten en marcha a Xunta para apoiar ao tecido empresarial como a creación da Oficina Económica de Galicia -para reducir a burocracia á hora de poñer en marcha un proxecto e acurtar os prazos dos trámites-, medidas de carácter tributario ou facilidades para acceder ao solo industrial.

Ademais o presidente, acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou que o sector empresarial e industrial está a vivir unha gran transformación na que xorden novas oportunidades e na que Galicia non pode quedar ao marxe.

Premio á excelencia

O titular do Goberno autonómico resaltou o compromiso social, a capacidade de adaptación e o traballo constante da directiva de Limpezas Salgado que é a compañía galardoada nesta edición pola súa excelencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224818 {"title":"Rueda destaca a importancia de que Galicia non quede ao marxe das novas oportunidades empresariais que xorden grazas a gran transformación que está a vivir a industria","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/240527_Pte_CFS_DCS-1.jpg","id":"224818"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224818-rueda-destaca-importancia-galicia-non-quede-ao-marxe-das-novas-oportunidades-empresariais-xorden-grazas-gran-transformacion-vivir-industria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.