Martina Aneiros lembra que a convocatoria de axudas pra a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido está aberta ata o 15 de novembro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Estas achegas cobren ata o 50% dos custo da bicicleta, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral, aínda que poden chegar aos 700 euros no caso de familias numerosas de categoría especial e persoas con mobilidade reducida
  • As solicitudes poden tramitarse a través dos comercios adheridos que figuran na listaxe da páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade

Narón (A Coruña), 27 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol animou á cidadanía a solicitar as axudas para a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido cuxa convocatoria remata o próximo 15 de novembro, agás que o orzamento que ascende a 2,7 M€ se esgote antes.

Durante á visita realizada esta mañá ao negocio Dromosport, en Narón, un dos oito establecementos da zona adheridos ao programa Ebici, Aneiros lembrou que o obxectivo deste programa é "promover que os cidadáns realicen os seus desprazamentos cotiáns de curta distancia en bicicleta, especialmente nas contornas urbanas, fomentando unha mobilidade máis saudable para quen se decante polo emprego deste medio de transporte alternativo, reducindo as emisións a atmosfera e tamén o ruído".

Tal e como explicou estas axudas cobren ata o 50% do custo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral. Sen embargo, as familias numerosas teñen máis vantaxes xa que os incentivos cobren o 60%, cunha aportación tope de 600 euros; e para as de categoría especial, os descontos elévanse ata un máximo de 700€, cubrindo ata un 70% do custo. Ademais as persoas con mobilidade reducida tamén poden acceder a un desconto de ata o 70% do custo da bicicleta de man híbrida ou eléctrica para cadeira de rodas, cunha achega de ata 700 euros.

A delegada territorial recordou que son os propios negocios os encargados de tramitar as axudas e que a listaxe de adheridos pode consultarse na web da Dirección Xeral de Mobilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224419 {"title":"Martina Aneiros lembra que a convocatoria de axudas pra a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido está aberta ata o 15 de novembro","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/AneirosEbici.jpg","id":"224419"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224419-martina-aneiros-lembra-convocatoria-axudas-pra-adquisicion-bicicletas-electricas-pedaleo-asistido-aberta-ata-15-novembro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.