A Xunta inxecta case 1,6 M€ no centro de investigación interdisciplinar en tecnoloxías ambientais, Cretus, tras incorporarse á rede de excelencia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade de Santiago de Compostela centrado na concepción, desenvolvemento e avaliación de tecnoloxías ambientais sustentables

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

A Xunta de Galicia vai inxectar preto de 1,6M€ no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais, CRETUS, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tras a súa incorporación á Rede de Investigación de Excelencia de Galicia, que aglutina os axentes investigadores máis punteiros que operan nas universidades galegas.

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, visitou esta mañá o centro para coñecer de primeira man as principais liñas de investigación que está liderando así como para dar a coñecer o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a estes espazos co obxectivo de asegurar un financiamento estable da súa actividade científica ata o ano 2027.

Neste compromiso estratéxico para seguir promovendo a investigación científica de calidade como axente de desenvolvemento socioeconómico, a Xunta de Galicia vén de incrementar un 31%, ata acadar os 23,6M€, o orzamento destinado á Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, a que incorpora cinco novos centros. Deles, dous son de máxima categoría, como é o caso do CRETUS, mentres que tres son da nova categoría de colaborativos, os que aspiran a entrar nos vindeiros anos e que tamén recibirán financiamento autonómico.

Este apoio consolida o modelo galego de investigación universitaria, que sitúa a Galicia entre as cinco mellores comunidades autónomas do Estado en apoio á actividade investigadora. Ademais, Galicia é a única Comunidade cun programa completo de formación investigadora, cubrindo as etapas predoutoral e posdoutoral, así como cun programa de retención de talento.

Combinación das diferentes áreas de ciencias

O Centro Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais, CRETUS, iniciou o seu funcionamento en 2015 como agrupación estratéxica coa ambición de promover un centro de investigación referente na concepción, desenvolvemento e avaliación de tecnoloxías ambientais sustentables.

Desde a súa orixe, o propósito de CRETUS foi combinar as capacidades de diferentes áreas de ciencias experimentais (ecoloxía, ecotoxicología, modelización, química analítica e química ambiental), ciencias sociais (dereito ambiental, psicoloxía social) e de enxeñería (biotecnoloxía ambiental, enxeñería ambiental, enxeñería de procesos) cunha visión holística, para abordar retos máis ambiciosos atendendo a un triplo enfoque: diagnóstico + tecnoloxía + impacto.

Actualmente conta con 99 investigadores que centran a súa actividade en oito áreas de desenvolvemento en I+D: remediación e usos sustentables do chan, tratamento e recuperación de augas, valorización de residuos, bioindicadores, integración de datos e modelado, monitorización fisicoquímica, procesos sustentables e impacto socioeconómico e ambiental.

A Universidade de Santiago, a que pertence o CRETUS, recibirá un financiamento total de máis de 12,7M€ para os cinco centros de investigación da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia que acadaron a acreditación en excelencia nesta última convocatoria, o que supón un aumento do financiamento para a USC dun 17%.

Os centros da Universidade de Santiago pertencentes á Rede, ademais do CRETUS, son o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, CIMUS, que disporá dunha axuda de máis de 2,7M€; o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, CIQUS, cunha achega de 3M€; o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, CITIUS, cunha axuda de máis de 2,4M€, e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, IFGAE, que recibirá case 3M€ por parte da Xunta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224415 {"title":"A Xunta inxecta case 1,6 M€ no centro de investigación interdisciplinar en tecnoloxías ambientais, Cretus, tras incorporarse á rede de excelencia","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/20240527VisitaCRETUS+%281%29.jpg","id":"224415"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224415-xunta-inxecta-case-1-6-m-centro-investigacion-interdisciplinar-tecnoloxias-ambientais-cretus-incorporarse-rede-excelencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.