A plataforma Sanidade Mediaverso da Xunta presenta os seus recursos entre o alumnado universitario santiagués na Biblioteca Concepción Arenal

  • Do 27 ao 31 de maio a Rede Galega de Promoción da Saúde da Consellería de Sanidade explicará entre os estudantes a ferramenta para poñer en práctica hábitos de vida saudables
  • Disporán de gafas de realidade virtual coa aplicación EnMovemento para reducir o sedentarismo
  • Facilitaranse códigos QR e pantallas con información sobre os catro eixos propostos: alimentación saudable, actividade física, benestar emocional e evitar condutas aditivas

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2024

A Consellería de Sanidade presentará desde este luns 27, e ata o venres 31 de maio, a plataforma Sanidade Mediaverso entre o alumnado universitario na Biblioteca Concepción Arenal de Santiago de Compostela.

A iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública para promover hábitos de vida saudables será presentada por responsables da Rede Galega de Saúde Pública e por integrantes da rede nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza, da Coruña e Cee e de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Cada día, en horario de 10,00 a 13,00 horas, facilitarán na primeira planta da biblioteca universitaria gafas de realidade virtual para probar a aplicación EnMovemento, coa que se poden practicar exercicios pensados para sesións de adestramento de 5 a 25 minutos, e que poden realizar tanto persoas maiores como a xuventude.

A través dunha pantalla e de códigos QR, tamén se ofrecerá información sobre o resto de opcións que ofrece esta plataforma en catro ámbitos: a mencionada actividade física, a alimentación saudable, o benestar emocional e a prevención de condutas aditivas.

Na web están dispoñibles a aplicación Camiña, que permite sumar quilómetros e calcular a equivalencia a etapas do Camiño de Santiago, un planificador semanal de comidas para deseñar menús equilibrados e a lista da compra necesaria, unha selección de vídeos da natureza que facilitan a relaxación, ou recursos para difundir entre as familias a importancia de reducir o uso das pantallas para recuperar o xogo ao aire libre.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
221981 {"title":"A plataforma Sanidade Mediaverso da Xunta presenta os seus recursos entre o alumnado universitario santiagués na Biblioteca Concepción Arenal","published_date":"2024-05-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"221981"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-26/221981-plataforma-sanidade-mediaverso-da-xunta-presenta-os-seus-recursos-alumnado-universitario-santiagues-na-biblioteca-concepcion-arenal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.