A Xunta licita por máis de 11 M€ as obras de construción de 50 novas vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña

  • Estas vivendas súmanse ás 40 xa entregadas neste mesmo barrio da cidade
  • As obras de construción doutro grupo de 40 vivendas iniciaranse en canto se dispoña da licencia municipal

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024

A Xunta investirá máis de 11 M€ na construción de 50 vivendas de promoción pública nos terreos localizados na parcela Z-38, no barrio de Xuxán, na cidade da Coruña. As vivendas serán destinadas ao alugueiro na súa totalidade.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, vén de licitar estas obras co obxectivo de telas rematadas no ano 2026.

Trátase do terceiro grupo de vivendas de promoción pública cuxa construción se licita en Xuxán, onde a Xunta xa rematou e entregou aos adxudicatarios 40 vivendas. Ademais, tamén están xa adxudicadas as obras para executar outras 40 neste barrio da cidade, que se iniciarán en canto se dispoña da licencia municipal.

A nova promoción obxecto desta licitación emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.600 metros cadrados. O inmoble coas 50 vivendas disporá de tres plantas subterráneas, onde se sitúan os garaxes, rochos e espazos para as instalacións, e dunha planta baixa, onde se localizan os portais de acceso ás vivendas, locais comerciais e locais de instalacións comúns.

Nas cinco plantas altas haberá 50 vivendas. En total, o edificio terá 36 vivendas de 3 dormitorios (entre 87,25 e 90,60 metros cadrados útiles, das cales 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida), 7 con 4 estancias (entre 112 e 114 metros cadrados útiles) e 7 con 2 dormitorios (entre 70,45 e 73,50 metros cadrados útiles).

A superficie das vivendas de 2 dormitorios oscila entre os 66 e os 68 metros cadrados de superficie útil, mentres que as de 3 dormitorios moveranse entre os 86 e os 93 metros cadrados e as de 4 dormitorios van de 115 a 118 metros cadrados útiles.

O ámbito no que se construirán estas vivendas, o barrio de Xuxán, está sendo urbanizado co financiamento da metade dos custes por parte da Xunta, que é propietaria do 50 % do solo, que se destina á construción de 1.100 vivendas protexidas.

Ademais, recentemente a Xunta remitiu ao Concello da Coruña os documentos para o inicio da tramitación da modificación do PXOM, co obxectivo de cambiar o uso de dúas parcelas de propiedade autonómica para destinalas á construción de arredor de 520 vivendas protexidas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
220759 {"title":"A Xunta licita por máis de 11 M€ as obras de construción de 50 novas vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán, na Coruña","published_date":"2024-05-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"220759"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-25/220759-xunta-licita-mais-11-m-as-obras-construcion-50-novas-vivendas-promocion-publica-barrio-xuxan-na-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.