A Xunta organiza varias actividades dentro da cuarta edición de "Lucus in Vino Veritas"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural terá un espazo expositivo e promove dúas catas de viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023
  •  

Lugo, 24 de maio de 2024

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), organiza varias actividades no marco da cuarta edición de Lucus in Vino Veritas, un evento especializado no mundo do viño que se desenvolve mañá no atrio da Catedral lucense.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os actos nos que colabora a Xunta comezan hoxe cunha actividade previa, que consiste nunha cata de viños con algúns dos premiados cos acios de ouro nas Catas de Galicia 2023. Será conducida polo experto Juanjo Figueroa, membro do Instituto Galego do Viño.

Na xornada de mañá, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria terá un espazo expositivo que estará ocupado pola adega Orujos y Licores Augavella SL de Chantada, gañadora de tres premios nas catas dos Licores e Augardentes Tradicionais de Galicia 2023: o Pote de Ouro na categoría Licor Café de Galicia; o Pote de Prata na categoría Licor de Herbas de Galicia e o Pote de Ouro na categoría Augardente de Herbas de Galicia.

Así mesmo, a Xunta tamén promove unha cata cos augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023, conducida por Sonia Otero, do Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP)  de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

As 21 adegas participantes ocuparán dúas zonas diferenciadas, unha delas reservada para dar protagonismo aos produtores da provincia de Lugo. A cita contará con catas, un espazo gastronómico con cociñeiros de Lugo, showcookings e actuacións musicais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
220650 {"title":"A Xunta organiza varias actividades dentro da cuarta edición de \"Lucus in Vino Veritas\"","published_date":"2024-05-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053370\/240524+Lucus+In+Vino+1.jfif","id":"220650"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-25/220650-xunta-organiza-varias-actividades-dentro-da-cuarta-edicion-lucus-in-vino-veritas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.