Lorenzana reúnese co alcalde de Lalín para abordar as necesidades de solo industrial do concello

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago, 24 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Lalín, Xosé Crespo, con quen abordou as necesidades de solo industrial e desenvolvemento urbanístico do concello.

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores locais toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a través da Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial.

Na reunión tamén se avaliaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.

Ademais dos servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia, Lorenzana tamén expuxo ante Crespo o programa de axudas da Xunta para polígonos industriais. Trátase dunha primeira liña para a mellora de infraestruturas, dotada de 3,5 M€; outra, en proceso de resolución, para a creación de viveiros industriais, con 1,5M€ de orzamento; e, en terceiro lugar, para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, que conta cun crédito de 4,7 M€.

A conselleira puxo en valor as funcións da nova Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, que inclúe na planificación industrial e enerxética a capacidade, tamén, para xestionar o solo empresarial que existe en Galicia e desenvolvelo onde sexa necesario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
219365 {"title":"Lorenzana reúnese co alcalde de Lalín para abordar as necesidades de solo industrial do concello","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053367\/24052024+LorenzanaAlcaldeLal%C3%ADn_1.jpeg","id":"219365"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/219365-lorenzana-reunese-co-alcalde-lalin-abordar-as-necesidades-solo-industrial-do-concello https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.