A Xunta e a Facultade de Ciencias da Educación da USC colaborarán na musealización dos seus fondos a través do Mupega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro Román Rodríguez reúnese coa decana, María del Mar Lorenzo, para afondar en novas accións cooperativas co gallo do 50 aniversario da facultade

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

A Xunta de Galicia e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) van colaborar na musealización de parte dos fondos da facultade a través do Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional.

Así o acordaron esta mañá o conselleiro Román Rodríguez e a decana da Facultade de Ciencias da Educación, María del Mar Lorenzo, nunha reunión á que tamén asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez. Ademais desta colaboración, que se formalizará a través dun convenio específico, no decurso da xuntanza, o conselleiro tamén se comprometeu a que o seu departamento colaborará nos actos de celebración do 50 aniversario da creación da facultade.

Así mesmo, a Consellería de Educación vai dotar á facultade dun Polo Creativo como o que xa dispoñen os centros educativos galegos. Isto vai permitir que o alumnado universitario se vaia familiarizando con metodoloxías innovadoras a través destes espazos tecnolóxicos cos que contan os centros educativos galegos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
218960 {"title":"A Xunta e a Facultade de Ciencias da Educación da USC colaborarán na musealización dos seus fondos a través do Mupega","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053367\/240524_Facultade_03x.jpg","id":"218960"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/218960-xunta-e-facultade-ciencias-da-educacion-da-usc-colaboraran-na-musealizacion-dos-seus-fondos-traves-do-mupega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.