A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento exterior

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 90.000 euros, dirixida a ONGD e aos outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento
  • Financiaranse gastos relacionados con infraestruturas, materiais e de persoal para poñer en marcha a intervención

A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior cunha dotación de 90.000 euros, segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia de hoxe. A iniciativa está dirixida ás ONGD e a outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento. En ambos os casos, os beneficiarios deben estar inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e non ter recibido ningunha subvención nas convocatorias para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior nos últimos cinco anos.

Segundo a orde publicada, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos 12 meses que teñan por obxecto fortalecer ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio. A Xunta financiará ata o 95% do orzamento total de cada iniciativa ata un máximo de 30.000 euros. O período de execución é dun ano, desde o pasado xaneiro ata o 31 de decembro de 2024.

Entre os gastos subvencionables figuran tanto os directos imprescindibles para poñer en marcha e a execución da intervención tales como os custos de aluguer, construción ou reforma de inmobles e infraestruturas necesarios para levar a cabo a iniciativa; equipos informáticos e outro material e equipamento vinculado á actividade; gastos de persoal; servizos técnicos e profesionais; viaxes e aloxamentos; ademais de gastos financeiros, de asesoría xurídica e rexistrais e periciais. Tamén se inclúen os gastos correntes de funcionamento no país onde se execute o microproxecto.

As ONGD e axentes de cooperación inscritos no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e interesados na medida deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica da Xunta ( https://sede.xunta.gal)  no  prazo dun mes contado dende mañá.

Cómpre lembrar que a Xunta conta con outra liña de axudas anual para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos por axentes de cooperación, dotada con 6 millóns de euros e cuxa convocatoria se abriu tamén esta semana.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
218828 {"title":"A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento exterior","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"218828"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/218828-xunta-abre-convocatoria-axudas-microproxectos-cooperacion-desenvolvemento-exterior https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.