A Xunta traballa para intensificar as políticas en materia de seguridade industrial

Imagen del artículo A Xunta traballa para intensificar as políticas en materia de seguridade industrial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, Margarita Ardao, clausurou hoxe o VI Congreso internacional de seguridade e portos
  • Apunta que está previsto a posta en marcha do Consello Galego de Seguridade Industrial para coordinar as diferentes medidas neste eido

A Coruña, 23 de maio de 2024

A directora xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, Margarita Ardao, clausurou hoxe o VI Congreso internacional de seguridade e portos, onde ratificou o traballo que está a desenvolver a Xunta de Galicia por intensificar as políticas en materia de seguridade industrial.

Ao respecto, apuntou que está previsto a posta en marcha do Consello Galego de Seguridade Industrial, un órgano consultivo e de participación para o impulso e a coordinación das actuacións relativas á seguridade industrial en Galicia, do que formarán parte entidades do sector público e privado vinculadas a este ámbito.

Segundo precisou a directora xeral, un dos cometidos deste organismo será articular medidas para a prevención e a limitación de riscos nas instalacións industriais, o que repercutirá na mellora dos contratos de aseguramento, así como na formación e na concienciación da seguridade industrial.

Ademais, explicou que a Consellería de Economía e Industria vai aprobar o Plan de inspección en materia de seguridade industrial, cuxo obxectivo será comprobar a adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto aos diferentes regulamentos industriais. 

Margarita Ardao apuntou que a Xunta quere reforzar as actividades dirixidas á inspección e que, para apoiar o cumprimento da normativa, se van desenvolver un conxunto de actuacións de difusión e promoción da seguridade industrial, para concienciar ás empresas, persoas traballadoras e á sociedade do que supón manter as instalacións coa máxima calidade e posta en servicio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
216753 {"title":"A Xunta traballa para intensificar as políticas en materia de seguridade industrial","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053364\/23052024DXSoloCongresoSeguridadeIndustrial_1.jpeg","id":"216753"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/216753-xunta-traballa-intensificar-as-politicas-materia-seguridade-industrial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.