A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52

  • O contrato asinarase nas vindeiras semanas e os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de xullo
  • A intervención consiste na reparación do pavimento e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada nun treito de 13 km desta autovía
  • Os traballos contarán cun prazo de execución de 4 meses e permitirán intervir nunha superficie de 273.000 m2, incluídos os ramais do enlace coa OU-402 e a A-52, ademais duns 10.000 m2 en carrís adicionais
  • A actuación incluirá a revisión e a adecuación das barreiras de seguridade á normativa vixente

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras da renovación extraordinaria do firme da autovía autonómica Dozón-Ourense (AG-53), entre o enlace de Cea e a A-52.

O contrato, adxudicado á UTE Civis Global-Covsa, asinarase nas vindeiras semanas e os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de xullo.

Esta actuación centrarase na reparación do pavimento existente e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada do treito de 13 km entre o enlace de Cea, no quilómetro 74+200, e o final da autovía, no enlace coa estrada autonómica OU-402 e a A-52, no punto 87+200.

As obras, que contarán cun prazo de execución de 4 meses, executaranse neste treito da autovía, de dobre calzada con 2 carrís de 3,5 metros, beiravías exteriores de 2,5 metros e beiravías interiores de 1 metro.

Os traballos incluirán intervencións nunha superficie aproximada de 273.000 m2, incluídos os ramais do enlace coa OU-402 e coa A-52, ademais duns 10.000 m2 en carrís adicionais.

O adxudicatario deste contrato tamén deberá revisar a adecuación das barreiras de seguridade á normativa vixente, tanto metálicas como de formigón, incluída a barreira existente na mediana, acometéndose as modificacións precisas para a súa adaptación en caso contrario.

Finalmente os traballos completaranse co repintado das marcas viarias e a reposición do balizamento afectado polas obras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
216700 {"title":"A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"216700"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/216700-xunta-adxudica-3-7-m-as-obras-renovacion-extraordinaria-do-firme-da-autovia-dozon-ourense-enlace-cea-e-a-52 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.