A Xunta recibe once ofertas para as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei

  • A actuación prevé intervencións ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento
  • Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses e a previsión é poder inicialos no verán

Santiago, 23 de maio de 2024

A Xunta recibiu once ofertas para executar as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei, licitadas por máis de 1,1 M€.

En concreto, esta actuación, que terá un prazo de execución de seis meses e cuxo inicio prevese para o verán, busca incrementar a comodidade e a seguridade viaria dos usuarios das estradas LU-212, que une Taboada e Monterroso, e a LU-221, que vai de Monterroso a Palas de Rei.

Deste xeito, as intervencións permitirán actuar e mellorar o firme naquelas zonas onde é necesario ao longo dos arredor de 20 km  de lonxitude que suman estas dúas vías da Xunta, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento.

Os  traballos nestas 2 estradas autonómicas que conforman o eixe de comunicación Taboada-Monterroso-Palas de Rei é reparar e renovar o firme nas zonas onde é preciso actuar para adecualo ás necesidades de durabilidade e funcionais das propias vías, co fin último de garantir a seguridade a comodidade nos desprazamentos dos veciños.

Repararanse posibles fisuras e cuarteos, renovando o firme nas zonas nas que este se atope máis deteriorado nestas dúas vías de titularidade autonómica que soportan un tráfico que se sitúa arredor dos 2.200 vehículos ao día.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
216695 {"title":"A Xunta recibe once ofertas para as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"216695"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/216695-xunta-recibe-once-ofertas-as-obras-da-mellora-do-firme-duas-estradas-autonomicas-da-provincia-lugo-ao-seu-paso-monterroso-taboada-e-palas-rei https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.