A "Liga Xunta de Breaking" chega a súa cuarta edición nunha aposta total polo baile deportivo en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral para o Deporte destaca como dende 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar
  • A directora xeral de Xuventude sinala que o Goberno galego aposta por ofrecerlle á xuventude alternativas de lecer e tempo libre que lle permitan seguir formándose e enriquecerse fóra das aulas

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mais a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron na mañá de hoxe a Liga Xunta de Galicia de Break 2024, na que será a súa cuarta edición, e que terá lugar en nove sedes galegas e que contará coa participación dun cento de bboys e bgirls nas categorías de iniciación, intermedia e avanzada ao longo do ano 2024. No acto de presentación tamén estiveron presentes o director da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, Pablo Casitiñeira; o membro da Federación Galega de Baile Deportivo, Anxo Barro; así como o deportista gañador da categoría avanzada no ano 2023, Daniel Pazos -AKA RetroKid-.

O secretario xeral para o Deporte sinalou como dende 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga Xunta de Galicia, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar como demostra a constitución da Federación Galega de Baile Deportivo en 2023 que hoxe conta xa con preto de 600 licenzas. Neste sentido, Lete Lasa destacou as figuras de David Amor -Amor- e Alicia Babarro -MiniAli- que remataron en segunda e terceira posición a categoría avanzada da Liga Xunta de Break 2023 e que nese mesmo ano proclamáronse campións de España nas súas respectivas categorías -sub21 e júnior-. O mandatario galego amosou a súa esperanza de que ambos poidan estar nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2026, en Dakar, nunha disciplina, o break, que xa será olímpica nestes próximos Xogos de París 2024. Esta aposta polo baile deportivo, á que tamén se suma a posta en marcha da Liga Galega de Hip Hop Xunta de Galicia, enmárcase no pulo aos deportes urbanos que permite achegar hábitos de vida activa a unha grande cantidade de mozos e mozas como xa ocorreu no caso do skate, BMX ou basket 3x3, olímpicos en Toquío.

Alternativas de lecer e tempo libre para a mocidade

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, sinalou que o Goberno galego aposta por ofrecerlle á xuventude alternativas de lecer e tempo libre que lle permitan seguir formándose e enriquecerse fóra das aulas. Neste senso, agradeceu o labor da asociación cultural e deportiva Vella Escola por levar a cultura urbana a toda a xuventude galega e permitir que cada vez máis mozos e mozas se inicien nesta modalidade deportiva.

A liga celebrarase entre maio e outubro de 2024 en nove sedes: Lalín (25 de maio), Noia (1 de xuño), Pontedeume (29 de xuño), Porto do Son (6 de xullo), Verín (24 de agosto), Vigo (7 de setembro), A Estrada (21 de setembro), Ourense (5 de outubro) e Santiago de Compostela (19 de outubro). Haberá categorías de iniciación, intermedia e avanzada.

As inscricións para a Liga Xunta de Galicia de Break son de balde e deberán realizarse a través da web https://ligaxuntabreak.org. Poderán participar todas as persoas de 6 ou máis anos e, debido a que as prazas son limitadas, adxudicaranse por estrita orde de inscrición con reserva de prazas a competidores da categoría intermedia (as persoas que acadaran entre o 1º e o 3º posto do ranking individual de iniciación da Liga de Break 2023).

Nas tres categorías de iniciación, intermedia e avanzada ofrécese a posibilidade de participar en  formato individual (1vs1). No caso do formato de parellas (2vs2) a categoría é aberta e poden formar parella competidores de diferentes categorías.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214543 {"title":"A \"Liga Xunta de Breaking\" chega a súa cuarta edición nunha aposta total polo baile deportivo en Galicia","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/240522_break_01c.jpg","id":"214543"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214543-liga-xunta-breaking-chega-sua-cuarta-edicion-nunha-aposta-total-polo-baile-deportivo-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.