Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa Rede de Investigación Universitaria de Excelencia, cuxo financiamento se incrementa nun 31%

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación e Ciencia reúnese cos 13 centros, aos que o Goberno galego inxecta case 23,6M€ para blindar o seu funcionamento ata 2027
  • "Estamos a preparar un novo Plan de I+D+i para sumar esforzos e acadar cotas máximas de transferencia de coñecemento á sociedade", explica

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes das entidades que compoñen a Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia. No encontro, celebrado na Cidade da Cultura, o titular do departamento educativo do Goberno galego reafirmou o compromiso da Xunta coa investigación realizada nas tres universidades públicas galegas. "Non en balde, vimos de incrementar nun 31% o financiamento desta rede, cunha nova inxección de case 23,6M€ que permitirá que estes centros gocen de estabilidade económica para desenvolver a súa actividade ata 2027", lembrou.

"A ciencia é unha prioridade para o Goberno galego. Vimos de reforzar organicamente a súa estrutura e estamos a preparar un novo Plan de I+D+i para sumar esforzos, establecer sinerxías e avanzar nun ecosistema de investigación e innovación, dentro e fóra da Universidade, que nos permita acadar cotas máximas de transferencia de coñecemento á sociedade", explicou o conselleiro. 

Benvida a cinco novos centros

No transcurso da reunión, na que tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, deuse a benvida aos cinco novos centros que a Xunta acaba de incorporar á rede, dous na máxima categoría e tres na nova categoría de colaboradores, que aspiran a entrar nos vindeiros anos e que tamén recibirán financiamento autonómico.

Os novos centros co máximo recoñecemento son o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Pola súa banda, a segunda categoría, de centros colaborativos e creada este ano, estréase co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) e o Economics and Business Administration for Society (ECOBAS), ambos da Universidade de Vigo.

Os restantes oito Centros de Investigación Universitaria de Galicia veñen de renovar tamén a súa acreditación de excelencia. Trátase dos seguintes: pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE); pola Universidade de Vigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións (AtlantTTic), o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).

Os 13 centros contarán cun orzamento de case 23,6M€ para que os máis de 1.530 investigadores que traballan neles poidan desenvolver a súa actividade científica dun xeito estable ata 2027. A Rede de Centros de Investigación Universitaria transforma a potencia individual dos centros máis avanzados do sistema nunha gran forza colectiva mediante a posta en marcha de accións estratéxicas e coordinadas que contribúen a consolidar a súa excelencia, a incrementar o seu impacto social no benestar, na saúde ou na economía, e a situar a Galicia como referente científico no panorama nacional e internacional.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214523 {"title":"Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa Rede de Investigación Universitaria de Excelencia, cuxo financiamento se incrementa nun 31%","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/240522_investigacion_x-1.JPG","id":"214523"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214523-roman-rodriguez-destaca-compromiso-da-xunta-coa-rede-investigacion-universitaria-excelencia-cuxo-financiamento-se-incrementa-nun-31 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.