Belén do Campo reúnese con novo comodoro do Real Club Naútico da Coruña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada da Xunta coñeceu de primeira man os proxectos e competicións deportivas que acollerá esta entidade ao longo do 2024  

A Coruña, 22 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, entrevistouse esta mañá co recentemente elixido comodoro do Real Club Náutico da Coruña, Jaime Araújo. A representante do Goberno galego desexoulle boa sorte nesta nova etapa que inicia á fronte dun dos clubs deportivos de referencia na cidade da Coruña.

O Real Club Náutico da Coruña foi fundado en 1926 para o fomento e a promoción dos deportes náuticos, segundo recolle a súa acta fundacional e desde esa data é un punto de encontro para todos os amantes do mar. No encontro a delegada coñeceu de primeira man os proxectos e as competicións deportivas que se celebrarán ao longo deste ano, entre as que destacan varias de nivel nacional que terán lugar entre finais de maio e principios de xuño.

Belén do Campo tamén felicitou ao máximo responsable da entidade porque, un ano máis, o Real Club Náutico contará coa bandeira azul nas súas instalacións o que acredita o seu esforzo pola limpeza das augas, a xestión ambiental, a seguridade e  a calidade de servizos nas instalacións. O club recibe este galardón de maneira continuada desde hai 20 anos, o que demostra o seu compromiso no eido medioambiental.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214521 {"title":"Belén do Campo reúnese con novo comodoro do Real Club Naútico da Coruña","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/fOTO+1.jpg","id":"214521"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214521-belen-do-campo-reunese-novo-comodoro-do-real-club-nautico-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.