A Xunta salienta a importancia do talento como "gran activo" do tecido empresarial e como "motor que move a economía do futuro"

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a xornada '20 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia', onde destaca o papel das "persoas, clave e fundamento de todo", para consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global a través de "liñas estratéxica que fortalezan un crecemento intelixente e sostible"
  • O encontro celébrase no marco do programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu ata o de agora realizar máis de 80 actividades formativas nas que participaron máis de 18.000 asistentes, en presencial e en liña
  • Destaca que a Xunta promove, a través de distintos programas e actuacións, a innovación e a transformación dixital das pemes galegas e a procura de novos mercados, ao tempo que achega financiamento no actual contexto económico
  • Pon en valor a aposta pola nova Oficina Económica de Galicia como canle única de entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento

Vigo, 22 de maio de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou esta mañá en Vigo na xornada '20 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia', onde destacou a importancia do talento como "gran activo" das empresas galegas e como "motor que move a economía do coñecemento, a economía verde e dixital, a economía do futuro".

"As persoas son a clave e o fundamento de todo. A medida que a automatización, as novas tecnoloxías, a intelixencia artificial, continúan transformando a economía, o talento humano vólvese aínda máis esencial para desenvolver, implementar e xestionar estas tecnoloxías de maneira ética e efectiva", afondou Toca Carús nunha xornada que se celebrou no marco do programa Capacita Directivos.

Esta iniciativa, lembrou a directora do Igape, inclúe a organización de encontros como o de hoxe que buscan concienciar e promover a colaboración entre empresas, emprendedores, administracións, clústeres e centros de coñecemento. O programa, xa consolidado, permitiu ata o de agora realizar máis de 80 actividades formativas nas que participaron máis de 18.000 asistentes, en presencial e en liña.

Desta volta, os participantes afondaron, entre outras, nas industrias da moda, da biotecnoloxía, nas TIC, no sector alimentario, nas enerxías renovables, na industria aeronáutica e aeroespacial, na loxística, no turismo, na industria do envellecemento activo, ou na mobilidade avanzada e sostible.   

"O talento, as persoas, en definitiva, son a clave para poder reflexionar sobre o presente mirando cara ao futuro, con dous obxectivos: axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global, e afondar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible", afondou a directora do Igape.

Neste marco, lembrou que os distintos programas e actuacións que o goberno galego impulsa cada ano teñen como eixos de actuación a innovación e a transformación dixital das pemes galegas e a procura de novos mercados, ao tempo que achegan financiamento no actual contexto económico.

Sobre esta base, Toca Carús puxo en valor a importancia da nova Oficina Económica de Galicia como canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento.

"A Oficina é unha nova variante dentro desa batería de medidas de apoio ás empresas, xa sexan startups ou pemes, que buscades dar un salto en innovación tecnolóxica: automatizando e axilizando os procesos internos; e mellorando a competitividade empresarial no cambiante escenario actual", concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214515 {"title":"A Xunta salienta a importancia do talento como \"gran activo\" do tecido empresarial e como \"motor que move a economía do futuro\"","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"214515"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214515-xunta-salienta-importancia-do-talento-como-gran-activo-do-tecido-empresarial-e-como-motor-move-economia-do-futuro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.