O conselleiro de Sanidade presenta ao novo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

A Estrada (Pontevedra), 22 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou esta mañá ao novo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, o doutor Román Gómez Vázquez, que conta cunha ampla traxectoria profesional desenvolvida neste organismo.

O titular de Sanidade da Xunta pediulle ao novo director o mesmo nivel de esixencia, traballo e implicación que vén guiando o labor deste organismo, ata agora con Adriana Regueira á fronte, a quen lle deu as grazas polo seu compromiso e dedicación ao longo dos preto de catro anos que exerceu esta responsabilidade.

Na visita desta mañá á central do 061 no concello pontevedrés da Estrada, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Agustín  Reguera Ocampo; polo xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal; polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo Pereira; ademais de polo novo director da fundación, Román Gómez; e da ata agora directora, Adriana Regueira.

Gómez Caamaño resaltou que o 061 é un elemento estratéxico do sistema sanitario público. Trátase, dixo, dun organismo que o pasado ano atendeu 1,15 millóns de chamadas que derivaron en case medio millón de asistencias sanitarias urxentes. Nesas asistencias, en preto do 70% foi necesario mobilizar ambulancias e helicópteros co correspondente desprazamento urxente de persoal sanitario.

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade está a impulsar un incremento de equipamentos e aumentando a capacidade de resposta e levándoa cada vez máis lonxe.

Entre as melloras que se van levar a cabo, o conselleiro destacou que Lalín vai ser base dunha ambulancia de Soporte Vital Avanzado de Enfermería, "abrindo un camiño para mellorar a atención en poboacións semiurbanas, con poboación dispersa e distancia cara ao centro hospitalario de referencia, esencial en Galicia".

Así mesmo, puxo en valor á rede de case 2.900 desfibriladores e de máis de 550 voluntarios do programa Acude e Axuda, que cada día contribúen a salvar vidas.

O conselleiro tamén incidiu na importancia de potenciar a atención urxente dos pacientes vulnerables, como os crónicos, os rapaces con asma e con patoloxía mental, así como os pacientes con sensibilidade química múltiple.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214513 {"title":"O conselleiro de Sanidade presenta ao novo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/20240522+Conselleiro+presentacion+novo+director+061+11.jpeg","id":"214513"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214513-conselleiro-sanidade-presenta-ao-novo-director-da-fundacion-publica-urxencias-sanitarias-galicia-061-roman-gomez https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.