A Xunta organiza esta fin de semana as xornadas de portas abertas do viño da Ribeira Sacra, con rutas, catas e outras actividades

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se inclúen visitas guiadas dun día, con saía desde distintas capitais, para percorrer adegas, museos e outros lugares de interese

Lugo, 22 de maio de 2024

A Xunta de Galicia celebra do 24 ao 26 de maio a Primavera de portas abertas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha ampla programación de rutas, catas e actividades enolóxicas e culturais. O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo polo delegado, Javier Arias; o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o presidente do Consello Regulador da Denominación, Antonio Lombardía.

Arias destacou que o sábado e o domingo están previstas visitas guiadas durante todo o día para percorrer algunhas das 13 adegas adheridas ao programa, museos e outros lugares de interese; inclúen o traslado en autobús con saídas desde A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo, neste caso desde a Praza de Bretaña ás 9,30 horas.

Ademais, a iniciativa de Turismo de Galicia ofrece desde este venres 13 actividades en distintas localizacións da Ribeira Sacra, entre elas a ruta literaria "Todo esto te daré", baseada no libro de Dolores Redondo; o obradoiro "Enólogo por un día", unha excursión en segway, paseos en barca polo río, e visitas ao Centro do Viño, o ecomuseo de Arxeriz, Monforte de Lemos, varios miradoiros, ou as oliveiras, viñedos e o Museo Etnográfico de Quiroga, entre outras. Os detalles de cada experiencia poden consultarse na web de Turismo de Galicia.

A  Primavera de portas abertas é una acción promocional que leva a cabo Turismo de Galicia en colaboración coas Denominacións de Orixe vitivinícolas galegas. Deu comezo o 3 de maio en Valdeorras, continuou nas sucesivas fins de semana nas Rías Baixas e o Ribeiro, recala agora na Ribeira Sacra e rematará o 2 de xuño en Monterrei.  

A proposta impulsa a viticultura e o turismo enogastronómico como principais elementos dinamizadores deses territorios, promocionando a súa oferta turística e incentivando a comercialización dos seus viños.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214510 {"title":"A Xunta organiza esta fin de semana as xornadas de portas abertas do viño da Ribeira Sacra, con rutas, catas e outras actividades","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053361\/220524+Presentaci%C3%B3n+Portas+Abertas+DO+Ribeira+Sacra+1.jfif","id":"214510"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214510-xunta-organiza-fin-semana-as-xornadas-portas-abertas-do-vino-da-ribeira-sacra-rutas-catas-e-outras-actividades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.