A Xunta abre a convocatoria das axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior dotadas con 6 M€

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as liñas de subvencións para os proxectos no exterior de ONGD con 5,3 M€, e doutros axentes de cooperación con 700.000 €
  • Fináncianse proxectospara propiciar o desenvolvemento integral dos países de intervención, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, e aliviar e corrixir as situacións de pobreza
  • O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá e prolóngase un mes

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia  publica hoxe a convocatoria de axudas para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, dotada con 6 millóns de euros. Deste total, 5,3 millóns son para proxectos no exterior de ONGD e os outros 700.000 euros para proxectos no exterior doutros axentes.

Así, pódense beneficiar da iniciativa as ONGD, as universidades galegas e as súas entidades dependentes, as cooperativas, empresas e asociacións empresariais, as organizacións sindicais, as comunidades galegas no exterior e outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a cooperación para o desenvolvemento, que estean inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, con polo menos un ano de antigüidade. Os proxectos financiados deben iniciarse en 2024.

A través desta orde fináncianse proxectos cuxo obxectivo é o de propiciar o desenvolvemento integral dos países de intervención, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, e aliviar e corrixir as situacións de pobreza para acadar un desenvolvemento humano solidario.

Coas actuacións previstas preténdese dar cobertura ás necesidades sociais básicas, como a educación e a saúde, o abastecemento de auga e saneamento, a xestión de recursos hídricos, a habitabilidade, a promoción do tecido económico en materia de agricultura, desenvolvemento rural, pesca e acuicultura, o impulso da equidade de xénero, a defensa dos dereitos humanos, o fortalecemento institucional ou a loita contra o cambio climático.

Coa finalidade de acadar unha maior redistribución dos fondos pódense financiar como máximo dous proxectos, tanto no caso de execución por parte de ONGD como doutros axentes, e ben sexa individuais o en agrupación. Deben cumprir o requisito de que polo menos un dos proxectos sexa executado nun país definido como prioritario no V Plan Director da Cooperación Galega, isto é, Nicaragua, Guatemala, Honduras, O Salvador, A República Dominicana, Perú, Ecuador, Bolivia, Mozambique, Guinea Bissau e Cabo Verde.

A diferencia de convocatorias anteriores, a subvención distribúese cun 35 % en 2023 e un 65 % en 2025. En concreto, cunha dotación de 2,1 millóns neste ano e os 3,9 millóns restantes se reservan para 2025.

As entidades interesadas en optar ás axudas deben presentar a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal no prazo dun mes contado a partir de mañá.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
214391 {"title":"A Xunta abre a convocatoria das axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior dotadas con 6 M€","published_date":"2024-05-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"214391"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-22/214391-xunta-abre-convocatoria-das-axudas-proxectos-cooperacion-desenvolvemento-exterior-dotadas-6-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.