Lorenzana reúnese con responsables do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para avanzar nos traballos de elaboración do plan director para o sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Conselleira de Economía e Industria aproveitou o encontro para explicarlles o novo programa de axudas para a industria auxiliar que contempla apoios máximos de entre 300.000 e 700.000 € por proxecto

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), con quen analizou a situación que está a atravesar un sector que xera na Comunidade 25.000 empregos e que está a afrontar un proceso de transformación para a descarbonización.

Neste contexto, Xunta e CTAG abordaron os avances na elaboración do plan director da automoción, unha ferramenta que o Goberno galego agarda presentar o vindeiro mes de xullo, dando cumprimento ao comprometido nos primeiros cen días de Goberno. Cómpre lembrar que o plan director contará coas medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego e estimular a captación de investimento. Como primeiro fito, levouse a cabo unha consulta pública a través do portal de transparencia e goberno aberto para solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas. Ademais, na elaboración do plan participará o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados, polo que contará tamén coas achegas do CTAG.

Lorenzana tamén aproveitou o encontro de hoxe para informarlles do novo programa de axudas que vén de aprobar o Goberno galego para empresas provedoras da automoción en todo o ecosistema do sector en Galicia, dotado con 18 M€ e que será convocado en xuño. Un programa que inclúe dúas liñas de axuda, a primeira delas, de ata 300.000 euros, destinada a atender tanto o gasto en equipamentos como o que respecta á elaboración de novos proxectos. Os apoios, en concorrencia non competitiva, cobren ata o 70 % destes gastos subvencionables, executados dende o 1 de xaneiro ata a data de presentación da solicitude. Son, por exemplo, para a compra de maquinaria, as reformas das naves de produción ou os gastos de consultoría enerxética.

A segunda liña, con  axudas máximas de ata 700.000 euros, cobre entre o 35 % e o 55 % dos custos de investimento en proxectos de eficiencia enerxética e renovables. Neste caso, para actuacións como a implantación de enerxías térmicas ou eléctricas (paneis fotovoltaicos ou minieólicos) ou para realizar melloras de eficiencia enerxética nas instalacións.

Finalmente, o encontro serviu tamén para poñer enriba da mesa a posibilidade de avanzar en novas liñas de apoio a través dos fondos europeos Feder. Unhas achegas das que se podería beneficiar o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia no marco da estratexia do sector para os vindeiros anos. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
213174 {"title":"Lorenzana reúnese con responsables do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para avanzar nos traballos de elaboración do plan director para o sector","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053358\/21052024+Lorenzana+CETAG_1.JPG","id":"213174"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/213174-lorenzana-reunese-responsables-do-centro-tecnoloxico-da-automocion-galicia-avanzar-nos-traballos-elaboracion-do-plan-director-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.