A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do XI Festival Bal y Gay, que celebrará doce concertos en espazos singulares da Mariña lucense

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor este certame pola calidade da súa programación e por permitir descubrir espazos do patrimonio cultural e natural de Galicia
  • Do 8 ao 23 de agosto ofrecerá propostas con recoñecidos artistas con repercusión internacional, como Elias String Quartet, Sergey Kachatryan, Katharina Konradi, a Orquestra Sinfónica de Galicia, Musica Ficta ou Ruth Iniesta, entre outras figuras

Madrid, 21 de maio de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á presentación na Casa de Galicia en Madrid do XI Festival Bal y Gay, que celebrará do 8 ao 23 de agosto un total de 12 concertos de figuras internacionais da música clásica en espazos singulares da Mariña lucense: Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Barreiros e Alfoz.

O Festival Bal y Gay, referente en España por ofrecer a mellor música clásica en escenarios patrimoniais singulares,  ofrecerá nesta edición propostas con recoñecidos artistas a nivel internacional, como Elias String Quartet, Sergey Kachatryan, Katharina Konradi e tamén de prestixiosas formacións e músicos con repercusión mundial, como  Orquestra Sinfónica de Galicia, Musica Ficta, Nereydas, Cuarteto Cosmos, Ruth Iniesta, Martín García García e Orquestra Sinfónica del Principado de Asturias. Os abonos están dispoñibles en festivalbalygay.com.

Na presentación, na sede institucional da Xunta en Madrid, estiveron presentes Alba Rodríguez, directora do Festival Bal y Gay; Enrique Rodríguez Baixeras, presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e Sonia Mulero, directora da Fundación Banco Sabadell.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou que o Goberno galego renova cada edición o seu compromiso con este festival ao que felicitou polo seu traballo pola "alfabetización cultural a través de la música clásica", ao tempo que puxo en valor que estes concertos e as actividades do ciclo permiten coñecer espazos singulares del patrimonio cultural e natural de Galicia.

"Os obxectivos do festival están plenamente aliñados coa aposta da Administración autonómica por fomentar o acceso e a participación da cidadanía na cultura, procurando unha oferta cultural diversa e de calidade", salientou o Anxo M. Lorenzo, quen asegurou que a calidade da súa programación "o converte nun referente da música clásica do norte de España".

Primeiro concerto en Foz e clausura na catedral de Mondoñedo

Elias String Quartet, un dos grandes cuartetos de Europa con máis de 25 anos de traxectoria, inaugurará o festival o 8 de agosto no Pazo do Conde de Fontao de Foz, mentres que o violinista armenio Sergey Khachatryan, interpretará no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, xunto á pianista Lusine Khachatryan, un concerto dedicado a Luisa Villalta, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.

A clausura do XI Festival Bal y Gay será coa Orquestra Sinfónica de Galicia, o 23 de agosto, na Catedral de Mondoñedo coa dirección de José Miguel Pérez-Sierra, director musical del Teatro de la Zarzuela de Madrid, e a presenza do violonchelista colombiano Santiago Cañón-Valencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
212537 {"title":"A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do XI Festival Bal y Gay, que celebrará doce concertos en espazos singulares da Mariña lucense","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"212537"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/212537-casa-galicia-madrid-acolle-presentacion-do-xi-festival-bal-gay-celebrara-doce-concertos-espazos-singulares-da-marina-lucense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.