A Xunta destaca no Govtech4impact World Congress o esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista

Imagen del artículo A Xunta destaca no Govtech4impact World Congress o esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Miguel Corgos asiste á inauguración do congreso mundial sobre dixitalización e innovación e participa nunha reunión a porta pechada con representantes de outras CC.AA.
  • O director da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica, Julián Cerviño, participará o xoves, 23 de maio, na xornada sobre as oportunidades e retos da Intelixencia Artificial para a eficiencia administrativa

Madrid, 21 de maio de 2024

A Xunta puxo hoxe de relevo, no marco do  Govtech4impact World Congress, o esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu á inauguración deste congreso mundial, onde participou ademais nunha reunión a porta pechada de responsables de dixitalización e innovación de Andalucía, Navarra, Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura.

A presenza de Galicia neste congreso continúa o xoves 23, cando o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participará na xornada sobre as oportunidades e os retos que presenta a Intelixencia Artificial para a eficiencia administrativa. Alí volverá a insistir no esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista.

Julián Cerviño falará de iniciativas como a lexislación que proximamente aprobará o Consello da Xunta, que é a primeira lei rexional que se elabora en Europa para o desenvolvemento e implantación da IA na Administración. A lei que prepara a Comunidade galega recoñece os dereito da cidadanía e establece mecanismos de promoción e incentivos para o uso da intelixencia artificial por parte da sociedade e os sectores produtivos.

Cómpre salientar que a intelixencia artificial é unha tecnoloxía clave para o obxectivo do Goberno galego de avanzar cara á unha administración dixital máis eficiente, máis personalizada e máis accesible.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
212534 {"title":"A Xunta destaca no Govtech4impact World Congress o esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053358\/DSC_0409.JPG","id":"212534"} galicia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/212534-xunta-destaca-govtech4impact-world-congress-esforzo-galicia-situarse-vangarda-europa-desenvolvemento-dunha-intelixencia-artificial-etica-e-humanista https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.