Unha trintena de docentes de toda España coñece o modelo de éxito da formación profesional galega

  • A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, amosa aos visitantes o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense
  • Os docentes participantes acuden a cinco centros máis ata o xoves en Lugo, Pontevedra, Santiago e A Coruña para descubrir a oferta educativa da Xunta

Ourense, 21 de maio de 2024

Unha delegación de 31 docentes procedentes de toda España, participantes no proxecto FP Innovación, visitaron hoxe o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional CGIFP Eduardo Barreiros acompañados pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez. A súa estadía en Galicia ten como fin coñecer o modelo de éxito da Formación Profesional galega.

A delegación, composta polos responsables de Aulas de Emprendemento das comunidades de Andalucía, Cataluña, Canarias, Comunidade Valenciana e Murcia, ademais de Ceuta, descubriu de primeira man o funcionamento do modelo galego, un referente ante a sociedade española debido ás posibilidades de innovación e colaboración entre os ámbitos educativo-formativo e produtivo para o desenvolvemento de novas capacidades nas empresas, aproveitando o capital humano e a experiencia dos centros galegos de Formación Profesional. "É un orgullo poder compartir cos compañeiros de toda España o noso sistema e a nosa gran oferta educativa", sinalou a representante da Consellería de Educación.

Esta visita, que se prolongará ata o xoves, enmárcase no proxecto FP Innovación que realiza  diferentes actividades onde se fomentan as competencias técnicas, dixitais e transversais, poñendo o foco en formar e informar de xeito integral ao alumnado e ao profesorado de Formación Profesional de toda España.

O proxecto desenvolve diferentes accións enfocadas na formación, actividades experienciais, asesoramento e aplicacións de novas tecnoloxías coa intención de trasladar coñecementos, ferramentas e recursos ao ecosistema educativo. O obxectivo final é apoiar o crecemento e o benestar da comunidade de centros, docentes e alumnado deste ámbito.

Ruta polos centros da Rede de Excelencia

Ademais de ir a este centro ourensán, os profesionais tamén visitarán cinco centros que forman parte da Rede de Excelencia Estatal. Esta tarde coñecerán o Centro Integrado de FP CIFP As Mercedes de Lugo, destacado no sector da aeronáutica. Xa mañá, os docentes acudirán ás instalacións do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra para descubrir a súa oferta de hostalería e o CIFP Politécnico de Santiago, brillante no eido da química.

Finalmente, o xoves adentraranse no sector da construción e a sustentabilidade enerxética no CIFP Someso da Coruña e na oferta educativa do sector sanitario do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da mesma cidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
212000 {"title":"Unha trintena de docentes de toda España coñece o modelo de éxito da formación profesional galega","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"212000"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/212000-unha-trintena-docentes-espana-conece-modelo-exito-da-formacion-profesional-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.