A Xunta salienta o seu compromiso coa Rede Natura e as iniciativas que buscan a súa mellora e protección

  • Marisol Díaz lembra que en xaneiro o Goberno galego convocou axudas por 2,8 M€ para concellos, particulares, asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes con proxectos destinados a recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade destes espazos

Porqueira (Ourense), 21 de maio de 2024

A Xunta segue apostando pola posta en valor dos espazos Rede Natura 2000 existentes en Galicia, un compromiso que se plasma desde hai anos na convocatoria de axudas para apoiar a execución de obras e iniciativas co obxectivo común de mellorar e protexer a biodiversidade destes espazos.

Así o salientou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, quen visitou o municipio ourensán de Porqueira coincidindo co Día europeo de Rede Natura 2000 para achegarse ata o carreiro das Fervenzas do río Fírveda, onde o Concello recibiu unha subvención autonómica para executar no período 2022-2023 traballos de mellora e sinalización cos que reforzar o uso recreativo desta zona, incluída na ZEPA A Limia.

Ao respecto, a directora xeral felicitou á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, polos resultados da actuación e lembrou que o pasado mes de xaneiro a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou unha nova orde de axudas destinada a financiar futuros proxectos para recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade tanto da Rede Natura 2000 como dos sistemas agrarios de alto valor natural que a rodean.

Cun orzamento global de 2,8 millóns de euros, Marisol Díaz explicou que esta nova convocatoria bianual de axudas está dirixida a concellos incluídos total ou parcialmente na Rede Natura de Galicia, persoas físicas, asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes veciñais en man común que queiran impulsar proxectos para, por exemplo, a eliminación de especies invasoras, a restauración da vexetación de ribeira ou a recuperación de puntos de auga ou áreas asolagadas.

O 12% do territorio galego

Ademais, tamén poderán recibir financiamento para levar a cabo actuacións que teñan como obxectivo a mellora da paisaxe agraria en Rede Natura, como a restauración de cercas ou muros de cachotaría e cantería; a adecuación de carreiros rurais; a creación de rutas e áreas recreativas, e a sinalización de camiños e sendas.

Tras lembrar que en Galicia preto de 375.000 hectáreas están amparadas baixo esta figura —o 12% do territorio—, a responsable autonómica explicou que con esta orde de axudas a Xunta busca potenciar e preservar os elementos, actividades e paisaxes que caracterizan a Rede Natura, a maior rede de espazos protexidos do mundo, que atesoura un altísimo patrimonio ecolóxico, social e económico e que, incidiu, cómpre poñer en valor e divulgar entre a cidadanía, motivo polo que cada 21 de maio se conmemora a nivel europeo, coincidindo coa data de aprobación da Directiva Hábitats en 1992.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211998 {"title":"A Xunta salienta o seu compromiso coa Rede Natura e as iniciativas que buscan a súa mellora e protección","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211998"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211998-xunta-salienta-seu-compromiso-coa-rede-natura-e-as-iniciativas-buscan-sua-mellora-e-proteccion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.