A Xunta ampliará o número de investigadores Oportunius con tres novas prazas para captar e reter talento científico

  • O conselleiro de Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, reúnese cos integrantes deste programa que superará por primeira vez a vintena de participantes
  • "Reforzamos a nosa aposta por atraer ao sistema de I+D+i galego a investigadores que son referentes, ao tempo que facilitamos que persoas formadas nas nosas universidades poidan realizar a súa carreira investigadora en Galicia", afirma

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá cos investigadores que forman parte do programa Oportunius de xeración, retención, retorno e atracción de talento. Unha liña estratéxica de actuación que o Goberno galego ampliará este ano coa convocatoria de, polo momento, tres novas prazas de investigador distinguido para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC).

Tal e como explicou o conselleiro, "esta nova convocatoria de prazas reforza a aposta da Xunta por atraer e retornar ao sistema de I+D+i galego a investigadores que son referentes nos seus respectivos eidos científicos, ao tempo que facilitamos que persoas formadas nas nosas universidades poidan realizar a súa carreira investigadora en Galicia".

Non en balde, o programa brinda o impulso necesario de formación e asesoramento para acceder ás axudas do Consello Europeo de Investigación. Así mesmo, ofrece incentivos económicos para as persoas investigadoras que xa dispoñan dunha axuda ERC e elixan Galicia para desenvolver o seu proxecto científico.

Durante a reunión, na que participaron 11 dos 18 investigadores que forman parte do programa Oportunius, o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

Posición destacada en España

Román Rodríguez puxo en valor a excelencia da investigación en Galicia, que conta con 31 investigadores que obtiveron 39 axudas ERC, o que supuxo unha captación de fondos do ERC de 59,2 M€. "Máis da metade das persoas que obtiveron estas axudas, 18 deles, están contratados a día de hoxe pola Xunta de Galicia como investigadores distinguidos", destacou.

 

Galicia é a sexta comunidade autónoma con maior volume de proxectos ERC e a segunda con maior taxa de éxito, é dicir, con maior porcentaxe de propostas efectivamente presentadas en relación ás financiadas. "O número de axudas do Consello Europeo de Investigación é un dos máis prezados indicadores de excelencia científica de países e rexións e pon de relevancia o talento e o liderado internacional do seu persoal científico", explicou o conselleiro. "En definitiva, temos que sentirnos orgullosos dos nosos investigadores e imos seguir apoiándoos a través de liñas estratéxicas como o programa Oportunius", afirmou.

Este apoio inclúe a todos os gañadores das ERC, aos 24 finalistas e as 270 propostas avaliadas e os máis de 465 participantes en 21 talleres formativos, o que supuxo un investimento total de máis de 13,8 M€ a 2023, desde a posta en marcha en 2014 do Oportunius.

Nova convocatoria

A nova convocatoria publicarase a finais de mes e terá por obxecto a cobertura, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de tres prazas de investigador para persoas beneficiarias de bolsas do European Research Council (ERC).

 

As persoas que obteñan as prazas poderán desenvolver a súa actividade investigadora en Galicia, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, nas áreas das Ciencias Sociais e Humanidades e das Ciencias Físicas e enxeñaría. Farano nun organismo público de Investigación radicado en Galicia, a determinar pola persoa que ocupe o posto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211994 {"title":"A Xunta ampliará o número de investigadores Oportunius con tres novas prazas para captar e reter talento científico","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211994"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211994-xunta-ampliara-numero-investigadores-oportunius-tres-novas-prazas-captar-e-reter-talento-cientifico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.