A conselleira do Medio Rural recoñece o traballo e profesionalidade do persoal de loita contra os incendios forestais

  • María José Gómez mantivo un encontro coas asociacións de bombeiros forestais e traballadores de incendios para coñecer as peticións e demandas destes profesionais que forman parte do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF)

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión con representantes das asociacións de bombeiros forestais e traballadores de incendios, co fin de coñecer as súas peticións e demandas, establecer vías de cooperación e recoñecer o seu traballo e profesionalidade, que axudan a situar o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) como unha referencia a nivel nacional e internacional.

Así, a titular de Medio Rural, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, e polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse con membros da Asociación Profesional de Bombeiros e Bombeiras Forestais de Galicia (APROPIGA) e da Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA).

No encontro manifestouse a importancia que ten este persoal en Galicia, polo que a Xunta segue a traballar por mellorar as súas condicións laborais na loita contra os lumes. Nesa liña, abordáronse cuestións como a ampliación do tempo de traballo do persoal de 6 meses, que se irá ampliando de xeito gradual ata os 9 no ano 2026. De feito, este ano xa se incorporou por un período de 7 meses o pasado mes de abril.

Outros temas que se trataron na reunión foron relacionados coa dotación de medios ou a rede de bases coas que conta o SPIF. A formación do persoal ou a colaboración nas emerxencias no rural galego tamén se abordaron nesta xuntanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211991 {"title":"A conselleira do Medio Rural recoñece o traballo e profesionalidade do persoal de loita contra os incendios forestais","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211991"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211991-conselleira-do-medio-rural-reconece-traballo-e-profesionalidade-do-persoal-loita-os-incendios-forestais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.