O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de selección temporal de catro categorías de persoal estatutario

  • Xeráronse un total de 23.541 inscricións para as categorías de auxiliar administrativo, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche
  • Resultaron admitidos 22.919 aspirantes
  • O 9,92 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal do Servizo Galego de Saúde das categorías de auxiliar administrativo, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche.

O total de aspirantes admitidos foi de 22.919 persoas. Por categorías, admitíronse 11.525 aspirantes en grupo auxiliar da función administrativa, 6.912 en persoal de servizos xerais, 3.938 en pinche e 544 en cociñeiro. 

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 1.137 en grupo auxiliar da función administrativa, 881 en persoal de servizos xerais, 257 en pinche e 61 en cociñeiro.  

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas, no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 4 de xuño.

Próximas publicacións

Mañá 22 de maio publicaranse as listas provisionais das categorías de celador, celador (quenda discapacidade intelectual), técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico,  técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211990 {"title":"O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de selección temporal de catro categorías de persoal estatutario","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211990"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211990-servizo-galego-saude-publica-as-listas-provisionais-seleccion-temporal-catro-categorias-persoal-estatutario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.