A Xunta reforza o apoio ao sector forestal-madeira coa incorporación de novos recursos e servizos á Axencia Galega de Industrias Forestais

  • O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, pasa a formar parte da Área de Innovación Forestal da Xera, que xa contaba co CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense)
  • Tamén se pon en marcha a Área de Información forestal, responsable da creación e mellora de sistemas de información e estatística forestal de Galicia
  • Crearase unha Comisión de coordinación da industria e dos recursos forestais co propósito de valorizar o sector e pechar o ciclo da cadea de valor en Galicia

Pantón (Lugo), 21 de maio de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia vai reforzar o seu apoio ao sector forestal-madeira coa incorporación de novos recursos e servizos á Axencia Galega de Industrias Forestais (Xera). Segundo apuntou, a aposta vai seguir sendo a modernización do sector e pechar toda a cadea de valor da industria forestal na comunidade autónoma.

Lorenzana fixo este anuncio nunha visita esta mañá ao Serradoiro de Tuiriz, unha empresa que leva case 60 anos no sector da primeira transformación da madeira e que cualificou como "modelo" pola súa dixitalización, eficiencia enerxética e a incorporación de enerxía fotovoltaica, así como pola súa aposta por unha comercialización do recurso con venda en liña.

Segundo o decreto aprobado onte polo Consello da Xunta, a partir de agora, para mellorar a coordinación dos centros de investigación en materia forestal, a Xera vai incorporar o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que se suma ao CIS-Madeira (San Cibrao das Viñas, Ourense), xa integrado. Para dirixir este último, créase unha xefatura de servizo dependente da Área de Innovación Forestal.

En segundo lugar, vaise poñer en marcha a Área de Información forestal, que será a encargada da creación e mellora de sistemas de información e estatística forestal de Galicia, que permitan facer diagnoses adecuadas e que serán unha ferramenta esencial para a toma de decisións de políticas públicas ou empresariais relacionadas co sector forestal e da madeira.

Xunto con isto, crearase, tamén, unha Comisión de coordinación da industria e dos recursos forestais para garantir a axeitada coordinación entre ambos os dous eidos de actuación.  Nesta comisión participará persoal das consellerías de Economía e Industria e do Medio Rural; nomeadamente, da Axencia Galega da Industria Forestal e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, que poderán estar asistidas por técnicos e expertos.

O órgano encargado da política industrial forestal en Galicia, cambia na estrutura interna da Xunta pero as súas funcións e obxectivos non varían. Seguen sendo proseguir na tarefa de incrementar a competitividade do sector forestal-madeira. De feito, as liñas de actuación irán orientadas, como ata o de agora, a aumentar o valor do recurso autóctono; mellorar a profesionalización e cualificación do capital humano para o manexo no sector de tecnoloxías máis avanzadas; desenvolver novos procesos, produtos e usos da madeira; e, todo iso, desde a máxima coordinación cos centros de investigación en materia forestal.

A conselleira apuntou que este sector que crea preto do 2% do emprego total en Galicia, e que o conxunto de ramas industriais da cadea forestal-madeira están contribuíndo desde 2016 a unha achega estable de, polo menos, o 12% do emprego industrial. A isto hai que sumarlle que Galicia conta cunha superficie forestal de máis de 2 millóns de hectáreas, con todo o que iso supón para as empresas e familias que viven da produción e comercialización de produtos forestais e transformados da madeira.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211574 {"title":"A Xunta reforza o apoio ao sector forestal-madeira coa incorporación de novos recursos e servizos á Axencia Galega de Industrias Forestais","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211574"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211574-xunta-reforza-apoio-ao-sector-forestal-madeira-coa-incorporacion-novos-recursos-e-servizos-axencia-galega-industrias-forestais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.