A Xunta recibe 9 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

  • Con esta intervención, licitada por máis de 2 M€, acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo
  • Os traballos centraranse na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade 
  • A previsión é adxudicar as obras en xullo e inicialas no mes de agosto
  • A Xunta segue a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu 9 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña. 

Este intervención, licitada por máis de 2 M€, ten como obxectivo a mellora das características funcionais da vía e súa seguridade viaria en distintos treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.

A previsión da Xunta é adxudicar as obras no mes de xullo e comezar a execución no mes de agosto, cun prazo de execución de 5 meses.

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
211573 {"title":"A Xunta recibe 9 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña","published_date":"2024-05-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"211573"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-21/211573-xunta-recibe-9-ofertas-executar-as-obras-mellora-do-firme-5-estradas-autonomicas-ao-seu-paso-8-concellos-da-provincia-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.