A Xunta cubre case o 100% das prazas ofertadas nos campamentos de verán para a mocidade de 9 a 17 anos

  • A actividade forma parte dun programa estival máis amplo que este ano acada a maior oferta da súa historia con 11.500 prazas
  • Os adxudicatarios deberán presentar, nos próximos cinco días hábiles, unha serie de documentación complementaria para formalizar a praza

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

A Xunta realizou esta mañá o sorteo de prazas nos campamentos de verán ofertados para mozos e mozas de 9 a 17 anos no marco do programa estival de actividades da Dirección Xeral de Xuventude. En total puxéronse a disposición da mocidade 7.611 prazas en Galicia e 302 de intercambio con outras Comunidades.

No sorteo xeral cubriuse o 99,8% das prazas, mentres que no reparto específico das 100 reservas para inclusión adxudicáronse 91 prazas e quedaron 9 vacantes. As persoas adxudicatarias terán ata o 27 de maio para achegar a documentación requerida na convocatoria para a súa formalización. A información pode consultarse na web de Xuventude.

Ademais dos campamentos, baixo o lema O teu mellor verán, a Xunta oferta tamén durante os meses de xullo, agosto e setembro as seguintes actividades: campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades e no estranxeiro; programas de intercambio con outras Comunidades; programa Conecta Galicia para a mocidade galega no exterior; minicampamentos; uso de instalacións xuvenís e, como novidade este ano, actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

O total de prazas convocadas no conxunto do programa acada as 11.533. Supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego, encamiñadas a que a xuventude empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.

Uso de instalacións xuvenís

Hoxe tamén se publica no DOG a resolución pola que se permite a utilización das instalacións xuvenís das que é titular a Xunta por parte das asociacións xuvenís, as entidades que desenvolven actividades para a xuventude e os grupos de persoas mozas non asociadas. O obxectivo é facilitar á mocidade o acceso a estes espazos para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro.

En total foron ofertadas un total de 1270 prazas en 11 instalacións xuvenís, das que se adxudicaron 870 prazas a 20 entidades solicitantes. As prazas non adxudicadas son ofertadas en fase de resultas a calquera entidade que reúna os requisitos da convocatoria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
209237 {"title":"A Xunta cubre case o 100% das prazas ofertadas nos campamentos de verán para a mocidade de 9 a 17 anos","published_date":"2024-05-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"209237"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-20/209237-xunta-cubre-case-100-das-prazas-ofertadas-nos-campamentos-veran-mocidade-9-17-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.