A Xunta brinda o seu apoio ao Club Can de Palleiro na promoción de actividades a prol desta raza autóctona

  • Marisol Díaz comprométese a apoiar as demandas do colectivo ante o Goberno central para poder continuar co seu labor tras a entrada en vigor da Lei estatal de protección de dereitos e benestar dos animais

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

A Xunta brindará o seu apoio e colaboración ao Club de Raza Can de Palleiro nas actividades que promove e organiza para a conservación e posta en valor desta raza autóctona galega, que segundo datos da propia entidade conta nestes momentos con máis de 2.200 exemplares inscritos no Libro xenealóxico correspondente.

Así o trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, durante a reunión que mantivo recentemente co tesoureiro do club, José Manuel Vales, e co seu ex presidente, Juan Carlos Puente, para coñecer as inquedanzas e os principais retos que afronta a entidade.

Neste sentido, os representantes da asociación lamentaron que coa entrada en vigor en setembro do ano pasado da Lei estatal de protección de dereitos e benestar dos animais, a cría de cans quedou limitada a profesionais autorizados e que conten con núcleos zoolóxicos debidamente rexistrados.

Esta restrición, segundo expuxeron, pode poñer en perigo o labor de asociacións que, como a súa, integran particulares que traballan para garantir a consolidación das razas autóctonas pero que non son criadores profesionais, motivo polo que levan meses pedindo ao Goberno central que introduza unha excepción para garantir o futuro dunha raza que forma parte do patrimonio natural e etnográfico galego.

Ao respecto, a responsable autonómica tomou nota das súas demandas e animou á entidade a seguir traballando na defensa e posta en valor do can de palleiro, comprometendo o apoio da Xunta ante o Ministerio para facilitar este labor.

Axudas para a compra de cans coidadores

Ademais, Marisol Díaz incidiu no importante papel que desempeñan en Galicia os cans de palleiro no eido da prevención dos ataques da fauna silvestre e da defensa do gando, dun modo equiparable e tan efectivo, dixo, como outras razas de pastores máis coñecidas, como os mastíns.

De feito, desde o ano 2019 as sucesivas ordes de axudas para a adquisición de cans protectores e defensores do gando convocadas polo Goberno galego incluíron expresamente entre as razas subvencionables o can de palleiro, ademais do mastín español e do mastín do Pirineo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
208938 {"title":"A Xunta brinda o seu apoio ao Club Can de Palleiro na promoción de actividades a prol desta raza autóctona","published_date":"2024-05-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"208938"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-20/208938-xunta-brinda-seu-apoio-ao-club-can-palleiro-na-promocion-actividades-prol-desta-raza-autoctona https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.