A Xunta axiliza a xestión das axudas de apoio á participación dos profesionais de libro en actividades fóra de Galicia

  •  O Diario Oficial de Galicia publica a edición de 2024 destas achegas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixidas a escritores, ilustradores, tradutores e editoras
  • Entre as novidades, atópanse a realización dunha única resolución de concesión e a precisión da cobertura de gastos incluídos na convocatoria

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2024 O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a nova convocatoria das liñas de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para apoiar os profesionais do sector do libro na súa participación en feiras e actividades do libro fóra de Galicia. Entre as principais novidades con respecto á do 2023, atópase a maior axilidade na súa xestión, á vez que recolle unha maior precisión na cobertura das accións subvencionables.

Como se indican nas bases destas axudas dirixidas a escritores, ilustradores, tradutores e editoras, redúcese o prazo de solicitudes, o que permite facer unha única resolución de concesión. Pola contra, no ano 2023 era unha convocatoria aberta con resolucións de concesións parciais. Deste xeito, a de 2024 supón maior axilidade na xestión.

Ademais, nesta edición debúllase o importe da indemnización por uso do vehículo por quilómetro e tamén se inclúe os gastos da peaxe debidamente xustificados, o que supón unha maior precisión e cobertura das accións subvencionables.

De igual xeito, esta nova convocatoria inclúe unha apertura con respecto á súa aplicación, xa que no ano 2023 para poder ser beneficiarios tiñan que desenvolver a súa actividade no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma e contar cun departamento de edición ou tradución en Galicia antes do 1 de xaneiro do 2023. No entanto, nas deste ano, as persoas beneficiarias teñen que desenvolver a súa actividade no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma e suprímese a esixencia de ter un departamento de edición ou tradución en Galicia.

Amplíase o prazo para a realización e pagamento dos gastos subvencionables

A convocatoria de 2024 tamén supón unha ampliación nos prazos de xustificación con relación o pasado ano, cando só contaban con cinco días desde a data de aceptación da axunta, fronte os 10 hábiles de agora. Outra das novidades, é que se lles dá maior facilidade para que as editoriais poidan designar as persoas que asistan ás actividades. Ao respecto, cómpre lembrar que en 2023 a entidade tiña que comunicar na solicitude o nome da persoa ou persoas asistentes e presentar un documento que acreditase a relación laboral coa entidade, mentres que agora este trámite farase na fase de xustificación.  

 

Axudas para favorecer a creación e a promoción do libro galego

Con estas axudas, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dá apoio económico a aquelas persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras que desexen participar en distintas actividades que se realicen no sector do libro, tales como feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas, como medio de favorecer a creación e a promoción do libro galego.

Deste xeito, facilítase a súa participación en actividades do libro fóra da comunidade no ano 2024 coa cobertura dos gastos de viaxe (aloxamento e transporte) que permitan a súa asistencia.

Solicitudes ata 1 de xullo

O financiamento, cun máximo de dúas actividades por solicitante, suporá unha axuda de 500 euros para as celebradas en España. No caso do resto de Europa a cifra ascende a 900 euros e para as actividades celebradas no resto do mundo a contía será de 1.600 euros.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, e os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 1 de xullo de 2024.

Estas axudas enmárcanse no Plan de impulso ao libro galego aprobado recentemente dentro do Plan Xeración Cultura cunha batería de medidas para apoiar aos profesionais e crear e fidelizar lectores. Entre os seus eixos de actuación inclúese a internacionalización e proxección exterior como un dos pilares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
206837 {"title":"A Xunta axiliza a xestión das axudas de apoio á participación dos profesionais de libro en actividades fóra de Galicia","published_date":"2024-05-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"206837"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-19/206837-xunta-axiliza-xestion-das-axudas-apoio-participacion-dos-profesionais-libro-actividades-fora-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.