A conselleira Martínez Allegue avanza ao alcalde da Guarda a adxudicación da redacción do proxecto para habilitar a senda ao redor do Monte Santa Tegra

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter un encontro o pasado martes 14 co alcalde da Guarda, Roberto Carrero, no que lle trasladou o compromiso da Xunta para a habilitación da futura senda ao redor do Monte Santa Tegra.

Na reunión, Martínez Allegue avanzoulle ao rexedor a adxudicación da redacción do proxecto deste itinerario, que discorrerá ao redor do Monte Santa Tegra aproveitando a traza da PO-352 A Guarda-Camposancos, nun treito de aproximadamente cinco quilómetros e permitirá unir os tramos de beirarrúa existentes.

O orzamento para a redacción do proxecto ascende a 18.125 € e a previsión é que estea entregado para supervisar en outono deste 2024. As obras financiaranse con fondos FEDER 2021/2027 para a execución de sendas peonís e ciclistas. 

A conselleira puxo en valor esta ambiciosa actuación que, ademais de poñer á disposición da veciñanza unha nova infraestrutura sostible, constituirá un novo atractivo turístico para o concello, "xa que permitirá completar un percorrido circular arredor deste monte". 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
206023 {"title":"A conselleira Martínez Allegue avanza ao alcalde da Guarda a adxudicación da redacción do proxecto para habilitar a senda ao redor do Monte Santa Tegra","published_date":"2024-05-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"206023"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-18/206023-conselleira-martinez-allegue-avanza-ao-alcalde-da-guarda-adxudicacion-da-redaccion-do-proxecto-habilitar-senda-ao-redor-do-monte-santa-tegra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.